sábado. 20.04.2024
somoscomarca_vilariñodeconso_melisamacia_museo etnográfico
Melisa Macía: «O museo etnográfico é como unha previa para coñecer en profundidade o concello»

Fai máis de 30 anos, en Vilariño de Conso, creouse un museo para recoller un anaco do que significa o municipio en si. O museo etnográficoque se atopa

na parte baixa da Casa do Concello, é «como unha previa para coñecer en profundidade todos os oficios e tradicións do concello».

No museo encóntranse mecanismos procedentes das casas dos veciños que había no municipio e que, «no seu día, o Concello comprou ou llas cederon voluntariamente». A mostra conta con unhas 1.300 pezas, das cales María del Carmen coñece todo, é a encargada de explicar amplamente cada unha delas.

A alcaldesa do concello, Melisa Macía, explicaba con orgullo ata o máis mínimo detalle de todos os obxectos que alí se recollen. Nada máis entrar, atópase a sección dos oficios tradicionáis que agora mesmo están en desuso como o tear, o pisón, o liño ou os utensilioss para facer viño e auguardente. Unha das profesións máis destacadas no museo de Vilariño é a de zapateiro —até hai un roda coma a do afiador pero para os traballos deste oficio—.

Como non podía ser doutra maneira, recóllense fotografías dos entroidos que fixeron nos anos nos que se creou o museo. «A xente que visite Vilariño e non veña na época do entroido tamén pode apreciar coma son os traxes típicos. Neste caso o do boteiro danzarín témolo exposto no maniquí» destacaba a alcaldesa.

Ademáis, nun recuncho, recóllese unha demostración de coma eran as casas máis antigas, nas que había unha lareira cos botes de cociña e utensilios da tradicional matanza. «Vilariño é un dous poucos concellos que conserva o pastoreo na serra. Outra parte importante do concello é a malla, os aparellos de labranza, os fornos e os muiños, que estamos a rehabilitar varios da zona para uso turístico».

«Hai pezas que non son moi coñecidas e a xente chámalles a atención ao non saber deses oficios» aseguraba a alcaldesa que recomendaba que «os visitantes pasen primeiro polo museo e despois vaian aos pobos para ver se atopan algunha cousa recollida nel».

Melisa Macía: «O museo etnográfico é como unha previa para coñecer en profundidade o...