martes. 24.06.2025

Vilariño fomenta o deporte cun ximnasio municipal

Dende o consitorio acaban de invertir 5.000 euros para adquisición do material e o adecentamento da sala do vivero de empresas onde están colocadas as diferentes máquinas para facer deporte
somoscomarca_vilariño_conso_ximnasio_publico_2021_10_25
Ximnasio público instalado baixo o vivero de empresas en Vilariño

O Concello de Vilariño de Conso estrenou esta fin de semana o novo ximnasio municipal, que está situado na parte baixa do vivero de empresas da localidade. As instalacións estarán abertas para uso e desfrute de toda a veciñanza.

Conta con baños e duchas e está equipado con máquinas de todo tipo e para tódolos gustos e estará aberto de luns a sábados de 9:00 da mañá ata ás 21:00 horas de forma ininterrumpida.

Dende o consistorio a alcaldesa Melisa Macía, salientou a importancia deste tipo de recintos para que a mocidade esté activa. Por elo buscaron a forma de incentivar as actividades deportivas, neste caso de interior. Polo momento non haberá monitores na sala.

Esto englóbase no Plan Salubrízate que serve para actuar uniendo sinerxias para promoción do envellecemento activo saudable e que mellora o entorno comunitario. A súa vez disminúen as posibilidades de enfermidades cardiovasculares e combate a soidade.

O custo para por en marcha as instalacións foi de 5.000 euros e foron asumidos íntegramente polo consistorio.

Vilariño fomenta o deporte cun ximnasio municipal