lunes. 05.06.2023

O Bolo cambia de alcalde, pero as iniciativas seguen en marcha

No que lle queda de mandato hai varias iniciativas arredor do museo de Yosso, As Ermitas, o castelo, alumeado e diversas obras
somoscomarca_obolo_celeiros_manuelcorzo_2023 (3)
somoscomarca_obolo_celeiros_manuelcorzo_2023 (3)

Aínda que Manuel Corzo anunciara que non se volvería a presentar ás eleccións tras trinta anos na alcaldía, o Concello de O Bolo rematou o 2022 con diversidade de obras e comeza o 2023 con varios proxectos.

con diversas iniciativas arredor do museo de Yosso, As Ermidas, alumeado e diversas obras

Un 2022 no que a cultura e as obras foron protagonistas

É así que no 2022 inaugurouse o museo de Yosso de Valbuxán, sendo o único museo existente en Valdeorras «Tiñamos moi pouco presuposto pero fixémolo», recoñece o ata agora alcalde.

Realizáronse arranxos no santuario das Ermitas, como a construción dun bancal por mor das gretas. «Foi debido ao peso do lousado case seguro», explica Manuel Corzo. Así, esta obra tivo unha partida de 1.300.000 euros, e foi inaugurada polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez. Ademais, hai un proxecto feito cunha partida de 700.000 euros máis.«Eu como alcalde dígolle a todos os que poidan, que veñan visitalo porque paga a pena», afirma Manuel Corzo.

somoscomarca_obolo_asermitas_obras_restaurancion_alvarofernandez_romanrodriguez_manuelcorzo_-2022-11-2 (3)
Durante a visita de Román Rodríguez ás Ermitas

Outro punto importante é a colocación de alumeado con luces LED. «Eu penso que o Bolo foi dos primeiros concellos que instalou LED», afirma Corzo. Comezouse por Buxán, Tuxe, Outardepregos, e seguiuse con Chandoiro e Celavente. Despois xa se fixo nas 24 aldeas que compoñen o concello.

Castelo do Bolo onde xa hai un proxecto de mantemento

Os piares da ponte de Barxa compoñen unha loita do alcalde para ser, por fin, arranxados. Estes piares viñéronse abaixo por abrir a presa de Santa Eulalia, que non foi capaz de soportar a auga que viña do encoro de Prada.

somoscomarca_obolo_barxa_puente_pueblo_2022_02_08 (1)
A ponte de Barxa segue agardando 

En canto á mellora de camiños e estradas, o concello fíxose cargo da estrada que comunica Cambela e o Bao, cun importe de 93.000 euros. Tamén hai obras adxudicadas e pendentes de inicio como é a estrada de San Pedro a Paradela, de Paradela ao límite coa Veiga, e despois de San Pedro a alto da Xigua. En Outardepregos, tamén está pendente a súa rehabilitación e puxéronse adoquines na parte da igrexa.

somoscomarca_obolo_barxa_carretera_2022_02_08 (3)
Estrada que comunica O Seixo con Celavente e que será arnxada, a ponte de momento non

 

Varios proxectos para este 2023

Porén, non todo é pasado, senón que para este 2023 están previstas diversas iniciativas e proxectos. Outras, como o Centro Social de Celeirós, acábase de rematar. «Dos 28 pobos, só tres están sen centro social: San Pedro, Xava e Paradela», afirma Manuel Corzo.

somoscomarca_obolo_celeiros_manuelcorzo_2023 (2)
Centro Social de Celeirós

Así, para obras municipais, están asignados arredor de 100.000 euros. Unha destas obras é o arranxo do acceso ás viñas nos bancais da beira do encoro do Vao, en Buxán. «Fíxenos hai 25 anos e están deteriorados», explica o alcalde, «nestes días limpáronse as cunetas (3km ou máis) e imos arranxar as fochancas, cun custo de 12.000 euros aproximadamente».

somoscomarca_obolo_celeiros_manuelcorzo_2023 (1)
Fonte na estrada dde Cambela ao Vao para a que Corzo tamén ten proxectos

Ademais, en canto a arranxo de camiños, vanse levar a cabo en Chamuel (Cambela), Buxán ou Vilaseco. Neste último será o acceso o que se arranxe, aínda que “hai catro persoas vivindo pero imos investir 16.000 euros”, afirma Manuel Corzo.

Camiños entre viñedos no Bolo

Outro proxecto importante é o alumeado no barrio de Veigaflorida. «Fixemos unha valoración de alumeado de Valdanta, xa que faltou un cacho por alumear en obras anteriores, e investiremos 6.400 euros», explica Corzo.

Rúa en Valdanta

En Chandoiro existe unha aira ao lado do centro social, e Manuel Corzo afirma que a súa vontade e rehabilitala para poñer un parque para os máis pequenos. Rehabilitación que tamén quere levar a cabo no castelo do Bolo, xa que a última foi no ano 2000 e “as cousas vanse deteriorando”. Ademais, acábase de conceder ao concello un tractor desbrozador.

Corzo con Rosendo Fernández, Rafael Palacios e Protección Civil na última Festa da Vitela en 2019 

Última Festa da Vitela e último Festival do castelo como alcalde

Para Manuel Corzo, este ano é a súa Festa da Vitela e o seu Festival do Castelo como o alcalde. “Se a queren continuar que a continúen”, afirma, “eu fixen o que puiden, e estou contento de ser alcalde do concello do Bolo, e de Chandoiro, que é o meu pobo”.

V Festival Medieval Castelo do Bolo (28)
Corzo e Foxo no V Festival Medieval Castelo do Bolo  no 2022

O Bolo cambia de alcalde, pero as iniciativas seguen en marcha