viernes. 19.04.2024
Banda de Gaitas do Bolo presentación do curso (6)
Banda de Gaitas do Bolo presentación do curso (6)

A Banda de Gaitas do Bolo comeza un novo curso con 15 músicos, onde ademais de rapaces e rapazas, este ano conta con dúas nais. No presente curso, segundo sinalou Foxo queren abrir as portas a calquera persoa sexa ou non do concello.

«Despois de cinco anos estamos con moita ilusión. Comezaron de meniños e agora son adolescentes están entre os 14 e os 18 cumpridos», arrancaba o director da Real e mestre da Banda o acto.

Banda de Gaitas do Bolo presentación do curso (4)
Nais integrantes daBanda de Gaitas do Bolo

«Coa mesma ilusión que empezamos hai cinco anos seguimos, porque é unha das mellores bandas de Galicia. Sempre con base nos pentagramas», saliantou. «Un momento importante de esta banda é o Festival Medieval do Castelo que se fai cada ano», significou.

Tamén tivo palabras para o alcalde do Bolo, presente no acto: «Sempre o alcalde poñéndolle cariño aos rapaces e os pueblos do Bolo».

Banda de Gaitas do Bolo presentación do curso (2)
Foxo presentou ademais o «Anuario da Gaita»

Pola súa banda o alcalde significou a proeza dun concello coma o que el preside que case sen nenos sexa capaz de ter unha banda. «Nos tempos en que vivimos que un concello con tan poucos nenos no colexio consiga ter unha banda de gaitas é un paso moi importante pero teño que recoñecer que  todo o mérito é de Foxo, a alma de esta Banda», dixo Corzo.

Banda de Gaitas do Bolo presentación do curso (7)
A Banda ao completo co alcalde e o director

Tamén destacou o lugar elixido para dar comezo o curso, con estas palabras: «Que a maioría de nenos desta banda sexa do meu pobo faime moita ilusión e que ademais esteamos nesta escola que a fixo o pobo e foi rehabilitada»

Banda de Gaitas do Bolo presentación do curso (3)
Banda de Gaitas do Bolo presentación do curso (3)

A banda de Gaitas do Bolo ten 15 integrantes, na que tamén hai dúas nais.  Este ano pode participar todo o que queira, para elo so teñen que chamar ao concello do Bolo e  alí informaranlle. Tamén se  impartirán as clase no colexio do Bolo, segundo Foxo «Que sexa unha escola viva e importante na educación dos rapaces. Non somentes aprendan as materias oficiais se non tamén a cultura musical moi importante na vida das persoas».

Banda de Gaitas do Bolo presentación do curso (5)
Banda de Gaitas do Bolo presentación do curso (5)

Con esta escola tamén naceu música temos a propia muiñeira aparte da Alborada do Bolo que como dicen no Caurel a Muliñeira de Chandoiro.

Banda de Gaitas do Bolo presentación do curso (1)
Banda de Gaitas do Bolo presentación do curso (1)

Tamén se presentou o anuario da gaita do que forman parte esta banda. «Nela participan especialistas de toda Europa e un punto referencial e o Festival Medieval do Castelo que está tendo moito interés este ano»

A Banda de Gaitas do Bolo iniciou un novo curso no centro social de Chandoiro