miércoles. 04.10.2023
Novos horarios para visitar os monumentos e museo de O Bolo durante o Outono e Inverno

O Concello do Bolo manterá durante os meses de outono e inverno o Servizo de Información Turística cambiando os horarios de atención ao público. A partir do día 1 de outubro o Castelo, o Museo Yosso e o servizo de guía gratuíto nas Ermitas terán novos horarios e días de apertura. Atenderanse aos visitantestodos os venres, sábados e domingos en horario de mañá.

No caso do Castelo medieval do Bolo a apertura ao público será os venres de 10 a 12 horas e os sábados e domingos de 12:30 a 14:30 horas. O servizo de guiado de balde no santuario barroco das Ermitas estará dispoñible os venres de 12:30 a 14:30 e os sábados e domingos de 10 a 12 horas. O museo Yosso abrirá ao público o segundo e o cuarto sábado de cada mes de 10 a 12 horas sempre baixo reserva previa no teléfono de atención turística do Bolo: 606 01 71 05.

No caso do mes de outubro o museo estará dispoñible para visitas baixo petición os días 8 e 22. O acceso ao museo e ao Castelo do Bolo teñen un custe especial de 1,80 €/persoa e os veciños censados no Bolo teñen pase de balde. Os nenos menores de 12 anos e as persoas maiores de 65 pagarán 0,90 € e os grupos de máis de 10 persoas tan só 0,60 €/persoa.

Dende o Concello do Bolo invitan a todos os veciños e visitantes a visitar o único museo de Valdeorras para disfrutar da obra do artista de Valbuxán e do seu xogo ca luz e a cor, a coñecer a historia medieval do Castelo do Bolo e a descubrir as Ermitas como monumento singular do barroco en Galicia .

Novos horarios para visitar os monumentos e museo de O Bolo durante o Outono e Inverno