miércoles. 18.06.2025

Román Rodríguez destaca a Florencio como un poeta senlleiro das letras galegas

O  conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, destacou a Florencio Delgado Gurriarán como un poeta senlleiro na longa tradición literaria galega
Román Rodríguez destaca a Florencio como un poeta senlleiro das letras galegas

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou hoxe, 21 de marzo, na Insua dos Poetas na celebración do Día Mundial da Poesía, onde destacou a Florencio Delgado Gurriarán como un poeta senlleiro na longa tradición literaria galega, que ten importancia polo seu “amplo cultivo da poesía ao longo de séculos”.

O representante da Xunta de Galicia salientou a visión de Delgado Gurriarán, “un home que entendeu a importancia da poesía como un instrumento de democratización das voces populares e, ao mesmo tempo, como unha salvagarda da memoria común de todo o pobo galego”. “Todo isto posibilítao a poesía: a preservación do patrimonio cultural dun pobo, pero tamén o seu patrimonio emocional”, engadiu.

Destacou que nestes “momentos convulsos, é máis necesario que nunca apoiar todas as manifestacións artísticas e poñer en valor o seu compoñente emocional”. Un apoio que, como indicou, está a realizar a Xunta desde diferentes iniciativas como certames, premios e festivais líricos por toda a Comunidade.

Na conmemoración do Día Mundial da Poesía, realizouse unha conexión cos muralistas Mon Devane, Diego As e Lidia Cao e oito escolares recitaron poemas de Florencio Delgado Gurriarán. Ademais, incluíu o espectáculo de poesía, música e danza Cantares Transhumantes, de Mirian Sandoval, e unha homenaxe ás letras arxentinas coa plantación dun ombú, árbore simbólica da Pampa.

Román Rodríguez destaca a Florencio como un poeta senlleiro das letras galegas