domingo. 15.06.2025

Saen á luz os tres poemarios de Florencio reeditados pola Editorial Galaxia

Ás 20:00 horas desta tarde do xoves, 17 de febreiro, presentábase no Edificio Multiusos do Concello do Barco a reedición dos libros Bebedeira, Galicia Infinda e O soño do guieiro
somoscomarca_presentacion_florencio_obarco_libros_17_02_2022
Saen á luz os tres poemarios de Florencio reeditados pola Editorial Galaxia

Ás 20:00 horas desta tarde do xoves, 17 de febreiro, presentábase no Edificio Multiusos do Concello do Barco a reedición dos libros Bebedeira, Galicia Infinda e O soño do guieiro de Florencio Delgado Gurriarán.

O acto estivo presidido polo alcalde do concello, Alfredo García, a coordinadora do proxecto As Letras de Florencio, Débora Álvarez, e dous familiares do autor, Ricardo Gurriarán e Elva Delgado. Francisco Castro, director da Editorial Galaxia, non puido asistir á presentación.

somoscomarca_presentacion_florencio_obarco_libros_17_02_2022

Elva Delgado foi a encargada de dar inicio á presentación lendo o discurso que Florencio Delgado Gurriarán deu como pregoeiro das Festas do Cristo do Barco no ano 1981. Alfredo García encargouse de presentar a cada un dos intervintes.

somoscomarca_presentacion_florencio_obarco_libros_17_02_2022

Con todo, Débora Álvarez realizou un pequeno percorrido polas tres obras do autor nado en Córgomo. «No libro Bebedeira recóllense as súas primeiras poesías, nas que se pode atopar de forma máis clara a paisaxe valdeorresa. Non deixa fóra o viño nin as montañas, é unha entrada á obra de Florencio por todo o grande», destacaba a coordinadora.

somoscomarca_presentacion_florencio_obarco_libros_17_02_2022

Pola súa banda, Ricardo Gurriarán, comentaba aos asistentes algunhas características persoais do autor e lembraba que estivo, soamente, 13 anos vivindo na comarca polo exilio. Definíao como «unha persoa excesivamente sensible, un home de creación circunstancial, de corazón amplo e de impulso».

Saen á luz os tres poemarios de Florencio reeditados pola Editorial Galaxia