viernes. 09.12.2022

Os alumnos do CEIP Condesa de Fenosa realizan un tríptico como honra a Florencio

O inicio do mural realizouse o xoves, 10 de febreiro, de 17:00 a 20:00 horas e os alumnos contaron coa colaboración dalgúns dos seus pai

Onte xoves, 10 de febreiro, o alumnado de sexto de Primaria do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa comezaban coa elaboración dun mural en formato tríptico no patio do centro, en honra a Florencio Delgado Gurriarán. A actividade está dirixida polo artista, Gerardo Rodríguez, e a profesora en Belas Artes, Susana Ferrada.

A primeira parte do mural leva como título “ Florencio” e conta co retrato do poeta, mentres que a segunda titúlase “Delgado” e representa a paisaxe de Valdeorras que recolle nos seus textos o escritor. No terceiro panel, “ Gurriarán”, cada aula poñerá un verso do libro que máis lle guste, 18 frases en total. Cada título está elaborado con pequenos anacos de azulexo.

mural_florencio_alumnos_ceipcondesadefenosa_11_02_2022

Este venres, 11 de febreiro, eran os máis pequenos do colexio o que se encargaban de pintar a parte inferior dos murais. O vindeiro luns, 14 de febreiro, serán os alumnos de Primaria os que se encarguen de terminar o tríptico pintando a parte superior de cada un deles.

Modesto, o profesor encargado da actividade, destacaba que a homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán polo Día das Letras Galegas 2022 «é un arranque para lembralo e non se pode quedar esquecido. É un autor noso e o mural é un pouco de recordatorio para os próximos anos».

Os alumnos do CEIP Condesa de Fenosa realizan un tríptico como honra a Florencio