sábado. 08.08.2026

Turismo de Galicia impulsa a modernización do sector hostaleiro con 4,5 millóns de euros en axudas

O director da Axencia de Turismo visitou na Pobra de Trives o establecemento La Viuda, un dos beneficiarios desta convocatoria, antes de participar na apertura do festival Sons Urbanos na Rúa
somoscomarca_pobradetrives_aviuda_merelles3179

O director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visitou este venres na Pobra de Trives o establecemento La Viuda, un dos negocios beneficiarios da liña de axudas da Xunta destinada á modernización de aloxamentos e establecementos de restauración.

Durante a visita, Merelles destacou que a convocatoria deste ano está dotada con 4,5 millóns de euros, dos que 3,5 millóns se destinan á modernización de establecementos de aloxamento e un millón de euros a negocios de restauración.

somoscomarca_pobradetrives_aviuda_merelles3177
María amosa a placa onde se ve a imaxe da súa avóa

En total, a Xunta concedeu axudas a 212 proxectos en toda Galicia: 144 correspondentes a aloxamentos turísticos e 68 a establecementos de restauración.

No caso de La Viuda, as subvencións permitiron renovar a fachada e mellorar a imaxe exterior dun establecemento considerado un referente tanto na Pobra de Trives como na súa contorna.

somoscomarca_pobradetrives_aviuda_merelles3176
Merelles observa unha foto da antiga fachada do establecemento hostaleiro

O director da Axencia de Turismo lembrou que este tipo de convocatorias forman parte da aposta da Xunta por reforzar a competitividade do sector turístico galego. Segundo explicou, nos últimos tres anos Turismo de Galicia destinou 18 millóns de euros a diferentes liñas de apoio para modernizar e actualizar establecementos turísticos.

somoscomarca_pobradetrives_aviuda_merelles3178
Imaxe renovada de La Viuda

«Queremos facer de Galicia un destino cada vez máis atractivo, cunha oferta de maior calidade e adaptada ás necesidades actuais dos visitantes», sinalou Merelles durante a súa visita.

Presenza en Sons Urbanos

Xa pola tarde, o director da Axencia de Turismo desprazouse ata A Rúa para participar na estrea de Sons Urbanos  que reunirá na Praza da Estación a 4 artistas entre eles a ruesa Mela.

somoscomarca_arua_sonsurbanos_ensayos3174
Todo preparado na Rúa para que comece Sons Urbanos

O concerto está incluído dentro dos Concertos do Xacobeo e ademáis da arista local subiranse ao escenario 9Louro, Kid Mount, Kike Varela y Mela, ofrecendo á comarca una noite de sons urbanos e novas tendencias musicais.

Turismo de Galicia pon este sábado o foco en Valdeorras

O director da Axencia de Turismo, Xosé Merelles, visitará a comarca para participar en tres iniciativas que poñen en valor o patrimonio, o enoturismo e a programación cultural do verán.

A primeira parada será ás 13:30 horas na estación da Rúa-Petín, onde recibirá aos participantes da ruta de Valdeorras dos Trens Turísticos de Galicia, unha proposta que permite descubrir os principais atractivos da comarca combinando a viaxe en ferrocarril coa gastronomía, a cultura e o viño.

A continuación, a comitiva desprazarase ata Adega A Coroa, onde os visitantes coñecerán de preto un dos proxectos vitivinícolas de referencia da Denominación de Orixe Valdeorras e a tradición vinícola do territorio.

Xa pola tarde, Xosé Merelles participará en Vitis Lumen Larouco, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte. O evento, que se celebra no barrio de Seoane, combina patrimonio, viño, gastronomía e recreación histórica nun percorrido polas antigas adegas da localidade.

A xornada rematará na Praza da Estación da Rúa, onde o director de Turismo asistirá ao festival O Son da Estación, incluído na programación dos Concertos do Xacobeo, unha cita que reunirá sobre o escenario a Baiuca, Nadadora, Luis Fercán, Navegando a Barlovento ou Kilvir DJ.

Con esta visita, Turismo de Galicia amosa o seu respaldo a iniciativas que representan diferentes formas de descubrir Valdeorras: a través do turismo ferroviario, do enoturismo e da cultura, reforzando a imaxe da comarca como un destino cada vez máis atractivo durante o verán.

Tu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizado

Turismo de Galicia impulsa a modernización do sector hostaleiro con 4,5 millóns de...