12 de marzo de 2022, 22:02
Despois de case dous anos sen actividade, a Asociación de Mulleres Rurais de Córgomo retomou as súas iniciativas polo ano de Florencio Delgado co pintado de botellas en homenaxe ao poeta.
Enmarcado nun proxecto chamado “Corgomo e Florencio, un pobo e un poeta de viño”, as integrantes están a decorar cada unha das botellas con debuxos e versos dos poemas do autor para, posteriormente, colgalas polo pobo e que os veciños as poidan ler.
Soledad Figueroa, presidenta da asociación, destacaba que teñen previstas máis actividades e pouco a pouco irán retomando as que xa tiñan anteriormente. Ademais, as veciñas pretenden darlle unha nova vida á antiga escola do pobo, onde realizan actividades como ioga ou baile.