viernes. 19.04.2024

Tralo ano de parón pola pandemia, o Encontro de Poetas de Valdeorras retomaba a súa cita anual este sábado, 12 de marzo, en Córgomo. Esta decimo terceira edición cambiou a súa localización habitual na Rúa para render homenaxe ao autor Florencio Delgado no seu ano.

Unha xornada pasada por auga que non impediu que os alumnos do IES Cosme López e os autores, chegados de todas as partes Galicia, fixesen públicos os seus poemas.  

«As temáticas que nos ofreceron foron á soidade relacionada con las redes sociais ou Florencio Delgado Gurriarán. Meu alumnado decidiu optar pola soidade, só dúas nenas se decidiron por Florencio», explicaba Teresa, a profesora de Lingua Galega do instituto, antes de comezar co acto.

Os alumnos tiveron a opción de realizar os poemas de maneira individual ou por parellas, pero soamente una de las estudantes decidiu escribilo en solitario. «O alumnado que participou no acto é de segundo de bacharelato. Animáronse moito porque foron os que participaron no Encontro de Poetas antes da pandemia».

O evento deu comezo ás 16:30 na Praza da Aira da Cruz e tralos recitados trasladáronse ao espazo de arte Conde y Torino, no propio Córgomo, para o concerto de piano e voz a cargo de Chiruca e Mauro.

Córgomo acolle a XIII edición do Encontro de Poetas como homenaxe a Florencio