jueves. 28.03.2024

As axudas corresponden aos permisos de conducción de turismo e camión respectivamente

Os mozos e mozas de Galicia poderán sacar o permiso de conducción B e C, este último correspondente ao de camión, mentres que o primeiro está relacionado co de turismo, baixo o amparo das axudas da Xunta de Galicia. Todo elo tras o anuncio no Diario Oficial de Galicia. O prazo de solicitude das mesmas comezará o sábado 14 e estará vixente ata o 13 de setembro.

Esta liña de axudas forman parte do Plan Estratéxico de Xuventude da Xunta de Galicia 2021 teñen como obxectivo promover a inserción laboral da mocidade.

Todo co obxectivo de mellorar a autonomía, mobilidade da mocidade, moi necesaria nos pobos rurais ou afastados das grandes urbes.

O orzamento total será de máis de 761.000 euros, cofinanciados nun 91,89% pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo. Así, para a obtención do permiso de condución de clase B, de turismo, o importe da axuda será de 400 euros, e de 650 euros para o de clase C, o de camión.

Na pasada convocatoria desta orde, máis de 1.700 mozas e mozas recibiron a axuda, deste mesmo xeito, estímase que este ano a medida acade o mesmo número de persoas ou incluso se supere. Cómpre sinalar que o prazo de solicitude podería rematar con anterioridade no caso de que se esgote o crédito orzamentario dispoñible.

Os interesados en solicitar esta axuda deberán ter máis de 18 anos, estar empadroados na Comunidade Autónoma desde hai un ano, e inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, figurando como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tamén teñen que estar matriculadas nunha autoescola de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter obtido o permiso entre o 1 de xaneiro e a data da presentación.

As solicitudes teñen que se presentar por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Os mozos galegos terán axudas para obeter os permisos de conducción B e C