viernes. 29.03.2024
somoscomarca_vilariñodeconso_soutelo_soutogrande_2022 (4)
A Xunta publica o borrador de guía e proxecto de ordanación da aldea modelo Soutogrande

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe os acordos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural polos que se someten a información pública o borrador de guía de ordenación produtiva da aldea modelo de Infesta (Monterrei) e os borradores de proxecto de ordenación produtiva das de Ferreiros (Ames), Cortegazas (Avión) e Soutogrande (Vilariño de Conso). 

Trátase de documentos técnicos nos que se delimitan os usos produtivos máis idóneos para a explotación das parcelas incluídas nestas aldeas modelo, dende os puntos de vista económico, técnico, social e ambiental. Nesa liña, contémplanse unha serie de usos preferentes e outros secundarios. Así mesmo, indícanse os prazos e prezos establecidos para os grupos de cultivos e aproveitamentos, así como a descrición das actuacións a levar a cabo para a súa posta en produción.

O proxecto de ordenación produtiva para a aldea modelo de Soutogrande, na localidade de Vilariño de Conso, define como actividade principal a gandería en extensivo e cultivos agrícolas complementarios á explotación, así como o aproveitamento da castaña na zona de souto complementándoo co aproveitamento gandeiro en extensivo e o apícola.

Como actividade secundaria proponse o aproveitamento destinado a cultivos leñosos, como pode ser plantación de froiteiras, principalmente castiñeiro para froito.  A aldea modelo abrangue 34,54 hectáreas, distribuídas en 99 parcelas de 46 propietarios.

Estes proxectos poden consultarse tanto nos taboleiros de anuncios dos concellos nos que se sitúen as aldeas modelo como na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

A Xunta publica o borrador de guía e proxecto de ordanación da aldea modelo Soutogrande