Andrés Montesinos:«Haberá unha comida especial para os que desfilen, ata o momento hai mil encargos»
Esta fin de semana, Viana celebrará o seu día forte de Entroido. Este 2022 realizarase coa mesma ilusión de sempre, pero adaptándose ás medidas sanitarias vixentes ata o momento.
Outro ano máis, os veciños do concello non poderán gozar da comida popular da Androia. Andrés Montesinos, alcalde do municipio, afirmaba que «a Festa dá Androlla este ano será nos restaurantes, porque nos demos conta que, soamente, entrarían unhas 500 persoas e, para deixar á maioría fóra, decidimos non facelo».
O sábado, 26 de febreiro, volverá saír a comparsa polas rúas da Bouza e San Cibrao, mentres que o domingo, o día forte do Entroido, achegaranse ata o concello 17 folións da Veiga, Vilariño e Manzaneda. «Haberá unha comida especial nun tupper para os que desfilen, ata o momento hai mil encargos».
«Vai vir moita xente. Este xoves saíron desfilando os nenos do colexio e do instituto ata a Praza Maior, pero séguese con separación e máscaras. Hai todos os días varios folións e xa se puxeron o lardeiro e a lardeira», destacaba o alcalde.
Unha festividade que segue marcada pola covid, pero que este ano os veciños de Viana poderán gozar dun Entroido o máis próximo á normalidade nos últimos dous anos. «Este ano fáltanos a fariña, é unha recomendación, pero a xente está a cumprilo porque non se respectan as medidas sanitarias nesta tradición».