sábado. 20.04.2024
somoscomarca_viana_cartel_entroido_etnagarcia_abelardo_pedro_jorge_2022 (3)
Edna García: «O Entroido é lume, forza, calor e color»

Viana do Bolo xa ten cartel para o seu Entroido 2022. Foron as organizacións as que escolleron á súa creadora e non dubidaron á hora de elixir. Edna García, vianesa, artista e membro do Folion de Mulleres foi a creadora desta imaxe que desde o pasado sábado  preside o balcón do Concello.

Para ela esta elección «é un orgullo. Foi un pouco a contrarreloxo, pero ao final xurdiu algo bonito». Non é o primeiro cartel que Edna realiza para o Entroido da súa terra. Foi a deseñadora do de 2016 e, ademais, realiza este tipo de traballos a miúdo. «Creo que me elixiron porque me xorde como algo innato». Tanto é así que, pouco antes da pandemia, a sala de exposicións do Concello foi cuberta con todos os seus debuxos. 

Cartel do Entroido de Viana creado por Edna García
Cartel do Entroido de Viana creado por Edna García

O cartel, nesta ocasión representa «o renacer do Entroido». Por iso é polo que un dos seus principais protagonistas é un volcán. «Volve brotar despois de todo este tempo contido. Nace de forma explosiva e con máis forza se cabe», subliña Edna. Tamén as cores empregadas representan esta tradición tan arraigada en Viana. Usa as diferentes tonalidades de laranxa para evocar a chama que prende cada ano chegado este tempo. «O Entroido é lume, forza, calor e cor», recalca.

Edna confesa que este ano o encargo foi aínda máis especial. Ela forma parte do Folión de Mulleres e non escoita soar os bombos desde antes da pandemia, polo que saír ao balcón para colgar o cartaz recibida por este son «fixo que me saltasen as bágoas. É unha honra moi grande».

Edna García: «O Entroido é lume, forza, calor e color»