domingo. 24.09.2023
somoscomarca_viana_cartel_entroido_etnagarcia_abelardo_pedro_jorge_2022 (2)
O cartel do Entroido de Viana, obra da vianesa Etna García

Onte presentouse no Concello de Viana o cartel do Entroido obra da deseñadora vianesa, Edna García. Un emotivo acto no que estivo presente o Folión de Mulleres do que Etna formou parte. Abelardo Carballo, concelleiro e alcalde en funcións, Jorge Domínguez e Pedro Basalo da Asociación Robleda e, coma non, a autora.

«Como este ano non se organizou o Entroido desde o Concello, deixámoslle ás asociacións que organizaran e decidiron que fose Etna a que fixera o Cartel», sinalou Abelardo Carballo, quen estes días está facendo as labores de alcalde pola indisposición de Montesinos.

somoscomarca_viana_cartel_entroido_etnagarcia_abelardo_pedro_jorge_2022 (1)
Pedro Basalo, Jorge Domínguez, Edna García e Abelardo Carballo na presentación

«Quixemos tirar dunha persoa local. Etna todos os anos fai debuxos para o Entroido, de valde e decidimos darlle o cartel ela para animala un pouco. Ademais ponlle moito sentimento», aseguraba Jorge Dominguez a Somos Comarca.

«Ela é a protagonista. Nos intentamos que ande o folión na calle e pouco máis e  que o ciclo festivo se represente e xa está. Realmente a artista é ela», subliñaba Domínguez

O cartel de Edna encandea a todos os que o ven. Polas súas cores, pola simboloxía na que non falta o Boteiro do Entroido de Viana e a reseña cultural e histórica da vila.

somoscomarca_viana_cartel_entroido_etnagarcia_abelardo_pedro_jorge_2022 (3)
Mentres Edna mostra o cartel desde o balcón do Concello, o Fulión de Mulleres fai soar os bombos

Fotos cedidas

O cartel do Entroido de Viana, obra da vianesa Edna García