martes. 24.06.2025
Viana

Ó mal tempo, gran folión!

A chuvia é causante de que noventa mulleres recorran as rúas de Viana dándolle a benvida ó Entroido

Neste mes de entroido o mal tempo e a chuvia foron os causante de que «As xentes de Valdeorras» se foran de troula e de folión até Viana. Cristian López de Mendello TV, achegouse a Viana para falar cas mulleres que configuran un folión cuxa singularidade é que «todas» son mulleres. Comezaron hai catro anos un día que chovía e os homes non quixeron saír polas rúas da vila.


El fervor por el folión les acaba provocando heridas en las manos de tanto tocar.


Daquela foron oito é hoxe, despois de catro anos case chegan ás cen, exactamente son noventa. «Era un día que chovía os homes estaban en Punxeiro e tiñan que ir a Fradelo e nos quedamos en Viana e así que escampou, tocamos por Viana. Pasámolo tan ben esa noite que o ano seguinte repetimos quedamos para unha comida na que eramos 30 e este ano xa somos 90», explica una das compoñentes do folión.

Na seguinte ligazón podes escoitar como ás presentaba Cristian no programa +d1 Valdeorras emitido o pasado 12 de febreiro:

Pásalo ben, xuntarse con xente de todas as idades e coñecer a xente nova para rematar comendo todas xuntas. Estas son algúns dos fins destas mulleres aínda que a principal finalidade, e a máis importante, é encher de son as rúas polas que pasa o folión.



Non teñen nin día fixo para saír nin percorrido asignado. Da Praza ó Toural e do Toural á Praza o caso é tocar. Hai xente de todos os puntos do concello até incluso hai unha de Larouco. Segundo elas mesmas aseguran, o folión serve para integrar á muller nun mundo de homes. Rebentan os dedos ca maza igual cos homes, con elas comeza o Entroido, eso sí o primeiro é sempre a Mazcarada Ibérica.

Ó mal tempo, gran folión!