viernes. 19.04.2024
portada
Viana recibirá a visita de catro comparsas o 19 e 26 de febreiro

Tras varias décadas desaparecidas e, desde que en 2019 recuperásense, a tradición das comparsas é un dos pratos fortes do Entrudio de Viana. Este ano recuperáronse e todos os que o desexen teñen catro ocasións para revivilas.

O 19 de febreiro levaranse a cabo dúas celebracións, unha ás 11:30 horas coa visita de Penouta e outra ás 17:00 horas coa comparsa Punxeiro. Tamén, o 26 de febreiro, ás 11:30 horas, sairá ás rúas de Viana a comparsa A Bouza e ás 17:00 a de San Cibrao.

Esta tradicional comparsa está composta por un grupo de mozos dunha aldea que viaxan durante o Entrudio a outros lugares veciños para representar pezas teatrais divertidas chamadas disputas. Estes grupos teñen unha serie de personaxes fixos: o director, a moza ou a dama, o paiaso, os músicos e as esquilas.

Viana recibirá a visita de catro comparsas o 19 e 26 de febreiro