sábado. 10.12.2022

Carlos Núñez fai parada ca comparsa en Punxeiro

O gaiteiro, Carlos Núnez, visitou esta fin de semana aos integrantes da comparsa de Viana e non dubidou en tocar unha peza coa súa gaita con eles
somoscomarca_Entroido_Viana_punxeiros_carlosnuñez_2022 (1)
Carlos Núñez fai parada ca comparsa en Punxeiro. Conchi Pérez (Fotoclick)

Tras varias décadas desaparecidas e, desde que en 2019 se recuperase, a tradición das comparsas é un dous pratos fortes do Entrudio de Viana. Esta fin de semana, á saída foi máis especial se cabe, xa que recibiron a visita do gaiteiro, Carlos Núñez.

Despois de que rematasen de representar as disputas, os mozos volveron facer soar os seus instrumentos polas rúas do pobo, onde, coma se dun novo membro se tratáse, Carlos Núñez tocou xunto eles coa súa gaita.

somoscomarca_Entroido_Viana_punxeiros_carlosnuñez_2022 (2)
Unha imaxe en branco e negro de Carlos Núñez obra de Conchi Pérez (Fotoclick)

«Marchou contento de Punxeiro, con ganas de facer cousas connosco e de coñecer a nosa cultura», aseguraba Jorge Domínguez. O músico galego visitou varios lugares da provincia entre os que se atopaba Manzaneda, e estivo acompañado de Rafael Quintía, membro da Sociedade de Antropolóxica Galega.

somoscomarca_Entroido_Viana_punxeiros_carlosnuñez_2022 (3)
Ao remate pousado de familia co gaiteiro na aira. Conchi Pérez (Fotoclick)

«Carlos Núnez foi un máis e gozou do Entroido de Viana. Estamos moi orgullosos pola súa visita, porque iso quere dicir que o estamos facendo ben. Quixo visibilizar o valor do noso Entroido a través das súas redes sociais», aseguraba Domínguez ao lembrar a previa visita que realizou o músico ao seu taller de traballo.

Unha das festividades máis reclamadas polos veciños de acabou sendo unha das máis especiais. «Foi un día moi emotivo, porque un dos integrantes da comparsa non puido asistir polo falecemento dun familiar. Outro mozo fixo a representación del e, ao finalizar a actuación, un dos de Esquilas recitoulle uns versos na súa honra».

somoscomarca_entroido_viana_carlosnuñez_punxeiros
Carlos Núñez tocando a gaita unha vez rematada a disputa. Conchi Pérez (Fotoclick)

Aínda quedan dúas ocasións na que os veciños poden gozar desta tradicional comparsa polo concello. O 26 de febreiro, ás 11:30 horas, sairá ás rúas da Bouza e ás 17:00 ás de San Cibrao.

Carlos Núñez fai parada ca comparsa en Punxeiro