
O sábado 6 e o 7 de abril Terras Altas de Trevinca ofrece dúas actividades de raquetas de neve «polas boas condicións que temos na montaña este inverno, e aínda esta primavera». Juanjo Lorenzo, guía desta empresa explicou que nestas rutas «subiremos sobre os 2.000 metros para seguir ensinando o patrimonio aos visitantes. Ampliamos esta oferta tamén ao domingo para adaptarnos ás persoas que traballan o sábado».
As actividades con dificultade alta, como "Os colosos galegos" que se vai realizar o sábado 13 de abril, «persegue máis á forma física que podería necesitar quen participe, pero non hai que ser ningún experto». Esta actividade forma parte da quinta edición do asociacionismo entre Terras Altas de Trevinca e Eco dos Teixos: «nos facemos esta o sábado e eles fan unha no Teixadal de Casaio o domingo día 14».
«Sobre todo a nosa idea é que a xente disfrute das actividades e non o pase mal». Tamén hai actividades para toda a familia, con nenos, como a que se vai realizar o domingo 14 de Sendeiros do Xares. «Está pensada para aproximarse á natureza, a un fondo de val glaciar e desfrutar do río e da primavera».

Recuperar sendeiros e camiños tradicionais
O 20 de abril realizarase o "Camiño da chaira larga" e o día seguinte, domingo 21, a actividade vai estar centrada en "Sendeiros tradicionais". «Son sendas que unían moitas aldeas dos núcleos de montaña. Había un tecido de sendeiros que as unía e como agora nos movemos en coche vanse perdendo».
A última actividade deste mes de abril vaise realizar o domingo 28 de abril: "O que o bosque nos conta" «cando esperta do letargo invernal». Nesta ruta pódense ver os primeiros movementos dos animais e «escoitar incluso o silencio. É algo abraiante».
«Para nós non é un deporte, é unha filosofía de vida e non se trata de ir de un punto A a un punto B. Cremos no que se transmite dende a natureza e en redescubrir o patrimonio». Todas as actividades teñen prazas limitadas ata as 15, con dous guías acompañantes, e é precisa inscrición previa no teléfono 722 33 68 22 ou na páxina web terrasaltasdetrevinca.es.
Si quiere escuchar la entrevista completa puede acceder al siguien audio: