viernes. 29.03.2024
undefined
«Foi unha actividade máis para pasear, facer fotografía e para desfrutar da magnifica natureza»

Jorge Lorenzo, guía local de montaña no territorrio de Trevinca e monitor de Turismo Astronómico Starligh, organizou a través de Terras Altas de Trevinca, unha saída polos montes e ribeiras da Veiga para desfrutar do outono en toda a súa plenitude.

O ocre dos carballos, o amarelo dos chopos, os marróns das follas que xa van secando ou os vermellos doas cerdeiras, todos enchen de cor un outono máxico que ca auga da chuvia e o rocío da mañá aínda é máis espectacular.

 As cores do outono polas Terras Altas de Trevinca (5)
As cores do outono polas Terras Altas de Trevinca (5)

Participaron seis persoas procedentes de A Veiga, Ourense e Santiago de Compostela, con dous guías locais de Terras Altas de Trevinca, Jorge e Mónica. A Saída foi ás 9.15 horas. «Unha mañá fría na que había un ha boa xeada nos tellados», asegura Lorenzo.

 As cores do outono polas Terras Altas de Trevinca (8)
As cores do outono polas Terras Altas de Trevinca (8)

«Ao principio ben abrigados pero a medida que avanzaba o día íamos quitando capas, como as cebolas», dicía Juanjo con chanza. «Percorrido polos fantásticos bosques de frondosas autóctonas que temos aquí na nosa contorna. Parte dos percorridos tamén os fixemos por zonas de ribeira e a verdade e que a xente marchou encantada», explicou o guía de Terras Altas de Trevinca.

 As cores do outono polas Terras Altas de Trevinca (4)
As cores do outono polas Terras Altas de Trevinca (4)

«O bosque está espectacular, as follas caídas sobre o chan. Os amarelos, os ocres, os vermellos os marróns, aínda hai algunha seta que sáe por aí», subliñou. «O día tamén axudou, fixo un día soalleiro, despexado, propicio para andar. Temperaturas frescas de primeira hora que logo foron quentando», engadiu.

 As cores do outono polas Terras Altas de Trevinca (2)
As cores do outono polas Terras Altas de Trevinca (2)

Con todos estes ingredientes non era raro que as persoas que participaron na actividade se marchara con ganas de volver e desfrutar do encanto das Terras de Trevinca. Así o recoñecía Juanjo: «A xente marchou marabillada do territorio. Había xente que xa viñera co nos a actividades e outra que era a primeira vez que se achegaba ao concello da Veiga e con ganas de repetir»

 As cores do outono polas Terras Altas de Trevinca (1)
As cores do outono polas Terras Altas de Trevinca (1)

O percorrido de 15 quilómetros descorreu  por zonas de bosques, por antigos camiños e corredoiras. «Foi unha actividade máis que nada para pasear, facer fotografía e para desfrutar  da magnifica natureza e o que nos depara o outono»

 As cores do outono polas Terras Altas de Trevinca (7)
As cores do outono polas Terras Altas de Trevinca (7)

«O rematar tomamos unha cervexiña e para a casa, agardando que regresen outra vez, e agardando a que cheguen as neves que será outra parte interesante», conclúe Juanjo Lorenzo.

 As cores do outono polas Terras Altas de Trevinca (8)
As cores do outono polas Terras Altas de Trevinca (8)

Imaxes cedidas por Terras Altas de Trevinca

«Foi unha actividade máis para pasear, facer fotografía e para desfrutar da magnífica...