«Para nós non é un deporte, é unha filosofía de vida. Cremos no que se trasmite dende a natureza»

Unha das actividades de raquetas de neve. Fotografía cedida por Terras Altas de Trevinca.
Juanjo Lorenzo, guía de Terras Altas de Trevinca presenta as sete actividades que ofertan este mes de abril

O sábado 6 e o 7 de abril Terras Altas de Trevinca ofrece dúas actividades de raquetas de neve «polas boas condicións que temos na montaña este inverno, e aínda esta primavera». Juanjo Lorenzo, guía desta empresa explicou que nestas rutas «subiremos sobre os 2.000 metros para seguir ensinando o patrimonio aos visitantes. Ampliamos esta oferta tamén ao domingo para adaptarnos ás persoas que traballan o sábado». 

As actividades con dificultade alta, como "Os colosos galegos" que se vai realizar o sábado 13 de abril, «persegue máis á forma física que podería necesitar quen participe, pero non hai que ser ningún experto». Esta actividade forma parte da quinta edición do asociacionismo entre Terras Altas de Trevinca e Eco dos Teixos: «nos facemos esta o sábado e eles fan unha no Teixadal de Casaio o domingo día 14». 

«Sobre todo a nosa idea é que a xente disfrute das actividades e non o pase mal». Tamén hai actividades para toda a familia, con nenos, como a que se vai realizar o domingo 14 de Sendeiros do Xares. «Está pensada para aproximarse á natureza, a un fondo de val glaciar e desfrutar do río e da primavera».

Actividade Terras Altas de Trevinca. Fotografía cedida. 

Recuperar sendeiros e camiños tradicionais

O 20 de abril realizarase o "Camiño da chaira larga" e o día seguinte, domingo 21, a actividade vai estar centrada en "Sendeiros tradicionais". «Son sendas que unían moitas aldeas dos núcleos de montaña. Había un tecido de sendeiros que as unía e como agora nos movemos en coche vanse perdendo». 

A última actividade deste mes de abril vaise realizar o domingo 28 de abril: "O que o bosque nos conta" «cando esperta do letargo invernal». Nesta ruta pódense ver os primeiros movementos dos animais e «escoitar incluso o silencio. É algo abraiante».

«Para nós non é un deporte, é unha filosofía de vida e non se trata de ir de un punto A a un punto B. Cremos no que se transmite dende a natureza e en redescubrir o patrimonio». Todas as actividades teñen prazas limitadas ata as 15, con dous guías acompañantes, e é precisa inscrición previa no teléfono 722 33 68 22 ou na páxina web terrasaltasdetrevinca.es. 

Si quiere escuchar la entrevista completa puede acceder al siguien audio: