sábado. 20.04.2024

Se hai unhas figuras famosas nas Festas do Cristo do Barco e que ademáis sexan propias da vila, esas son as calantornias. Acompañadas dos cabezudos, esta representación da tradición barquense máis arraigada, pode admirarse cada ano na procesión do Cristo, pero tamén agora, acompañando ao pregoeiro das festas.

Este ano, o ano da normalidade, máis que nunca, as calantornias encheron de maxia e alegría o Barco. Desde o Teatro Lauro Olmo até a Praza Maior o seu baile e a animación dos gaiteiros imprimiu o espíritu festivo nos que as viron pasar.

somoscomarca_pasarruascalantornias_bandinalosbercianos_cristo (3)
De camiño a Praza Maior acompañadas polo son da música tradicional

Calantornia, sen reflexo de tan sonoro vocablo nos diccionarios, nin orixe etimolóxico coñecido, sitúase a súa aparición na historia dos festexos da vila alá polo século XIX, máis concretamente en 1821, tal e como Ángel Fernández, o que fora pregoeiro en 2009, subliñaría no seu pregón.

somoscomarca_pasarruascalantornias_bandinalosbercianos_cristo (4)
Colocadas ao pé do escenario acompañaron á pregoeira

As calantornias, para deleite dos espectadores que foron a velas, fixeron o seu baile. E é que parece que pouco a pouco vaise recuperando unha tradición que chegou a estar perdida, pero que agora ten máis forza que nunca. Para os que se meten dentro delas «é un orgullo» ser calantornia » porque as calantornias só existen no Barco».

somoscomarca_pasarruascalantornias_bandinalosbercianos_cristo (12)

Eso, sí, os se esconden tralos traxes recuperados polas mans de Quelo Rodríguez Ávila, non queren que esta tradición volva a sufrir o olvido, así que fan un chamamento a todo aquel que se presente volunario ao relevo xeracional despóis de 10 años e convertirse, como elas, en calantornias. Como requisito indispensable, «ter a titulación de barquense diplomado».

As calantornias volveron a encher de maxia as rúas do Barco