
O Barco acollerá un curso gratuíto de introdución á lingua e á cultura galegas
As prazas son gratuítas e limitadas a 20 persoas, que se admitirán por orde de inscrición xa aberta

A lingua galega terá un novo espazo de aprendizaxe en O Barco de Valdeorras. A Rede de Dinamización Lingüística e o Concello do Barco organizan un curso de introdución á lingua e á cultura galegas, dirixido a maiores de 16 anos que se achegan por primeira vez ao galego.
A formación, de 20 horas de duración, desenvolverase os días 24, 27, 28, 29 e 30 de outubro, en horario de 10.00 a 14.00 horas, no salón de actos do Edificio Multiusos (3º andar). Ao rematar, o alumnado recibirá un diploma acreditativo da participación.
A inscrición é totalmente gratuíta, pero as prazas están limitadas a 20 persoas, polo que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. O prazo para anotarse xa está aberto desde hoxe, e as persoas interesadas poden facelo enviando un correo a cultura@concellodobarco.org ou chamando ao 988 320 053.