viernes. 09.06.2023

Descubrindo os «Segredos de Valdeorras», O Castrillón e os lagares rupestres de Larouco

Unha actividade realizada pola Oficina de Turismo da Rúa e que levou a dúas ducias de persoas por terras de Larouco para descubrir os seus «segredos» contados por José Fernández, Luis Carrón e Soledad Figueroa

Baixo o nome de Segredos de Valdeorras, a Oficina de Turismo da Rúa, realizou unha camiñada cultural polas Terras de Larouco. Os lagares rupestres atopados recentemente e o asentamento castrexo do Castrillón foron os protagonistas. José Fernández, presidente da sección de arqueoloxía do IEV e Luis Carrón e Soledad Figueroa da oficina de turismo ruesa foron os encargados de «descubrir estes dous «segredos» a dúas dúcias de persoas.

Segredos de Valdeorra, lagares rupestres e O Castrillón de Larouco (13)
Soledad Figueroa nun dos lagares rupestres

Soledad Figueroa e Luis Carrón encargados da oficina turística ruesa amosaron os lagares rupestres recentemente descubertos, pero antes Carrón fixo un repaso pola historia da igrexa de Santa María de Larouco.

Vídeo, onde Luis Carrón conta a historia da igrexa:

Soledad Figueroa tomou o relevo para falar dos lagares e amosar as características destes lugares.

José Fernández, presidente da sección de arqueoloxía do Instituto de Estudos Valdeorreses recorreu cos participantes na camiñada o asentamento castrexo de O Castelo.

Segredos de Valdeorra, lagares rupestres e O Castrillón de Larouco (9)
Con Larouco ao fondo descubrindo os seus «Segredos»

Fernández, tamén coñecido co alcume de Pepe das Pedras ou Pepe do Cañete, naceu en Larouco e se coñece palmo a palmo a bisbarra, que dicir da súa terra natal.

Segredos de Valdeorra, lagares rupestres e O Castrillón de Larouco (12)
Luis Carrón e os asistentes na Vía Nova ao seu paso por Larouco

Comezou situando o castro con referencia á Vía Nova, tamén fixo referencia ao mal nomeado Alto da Ermida, «sempre foi o Alto do Viso, a Ermida era un asentamento fronte a caseta dos camiñeiros», aclarou.

Segredos de Valdeorra, lagares rupestres e O Castrillón de Larouco (3)
Pepe, de azul, dando explicacións a un dos dos camiñantes

A xente que o acompañou, case que puido notar como aqueles homes e mulleres que estiveron no asentamento cavaron a trincheira de máis de 200 metros de largo e de 15 de alto. Visualizaron no maxín como botaban os escombros no cima para facer un parapeto e que o castro fora máis inaccesible, si cabe. E, é que Pepe sabe moito, pero no que é espléndido e na maneira de contalo e facelo chegar aos que o escoitan.

No seguinte vídeo, Pepe, comeza o percorrido polo Castrillón.

Para rematar unha cata de viño na adega Ladera Sagrada que con este calor e estas h0ras do mediodía, un viño fresquiño e  unha boa elección.

Descubrindo os «Segredos de Valdeorras», O Castrillón e os lagares rupestres de Larouco