
Si, comémolas no Entroido pero tamén o resto do ano, nunha data ou noutra, recheas de doce ou del salgado, o simplente cun pouqiño de mel, están boas envcalqueira ocasión.
Os ingredientes son: 200 gramos de fariña, ½ litro de leite, 2 culleres de azucre, 1 copa de anís ou coñac ou viño de Oporto — deste ingredientes pódese prescindir— , 4 ovos, 1 pisca de sal, aceite de xirasol para untar a sartén.
O primeiro e bater un pouco os ovos para logo incorporarlle as 2 culleres de azucre. Unha vez ven mesturada engádeselle a culler do licor que se elixira, se non vos gustan con licor pódese prescindir deste igrediente, e por último incorpórase o sal.

Vértese na mezcla a fariña pouco a pouco e vaise removendo. Para que non queden grumos pásase por un colador grande . Métese o bate na neveira polo menos media hora.o cabo da cal poñémonos á faena.

Poñemos unha «sartén antiadherente» ao lume —ao 8 ou 8.5 da cociña—. Cun pincel pintamos o fondo da sartén e botamos un cucharón do bate xirando a sartén para que quede ben estendido, o cabo de dous minutos cando estea dourada a filloa dáselle a volta e tense como 1 minuto máis.

Recheo
Pode ser salgado ou doce. Un posible recheo salgado son unhas espinacas con gambas e bechamel, ou cogomelos e xamón con bechamel, polo con pementos e champiñóns...
En canto o doce, a min como máis me gustan e con mel, pero tamén poden levar leita condensada, crema pasteleira, nata, chocolate, marmelada de arandos, de melocotón...

Para acompañalas un pouquiño de viño de Porto que usamos para facelas ou unha copiña de augardente de hervas.