viernes. 29.03.2024
somoscomarca_vilariñodeconso_melisamacia_museo etnográfico
«Tenemos previsto celebrar el Entroido y se están a perfilar los protocolos»

Un dos plans de Melisa Macía, alcaldesa de Vilariño de Conso, para este ano é celebrar o seu tradicional Entroido. A festa estará marcada novamente polos protocolos contra a covid, pero o municipio poderá gozar da Festa do Cabrito e do folión.

«Nestes días estanse a perfilar os protocolos, adaptándonos ao que salga no comité clínico. Pero, si é verdade que temos previsto facer entroido e será diferente a outros anos porque a pandemia así nolo marca», aseguraba a alcaldesa ao preguntarlle pola festividade que aínda non está claro cómo se vai a desenvolver.

Cada parroquia ten o seu propio folión, a súa vestimenta particular e a súa boteiro, pero adóitaos diferenciar a parte de arriba da careta e o símbolo que portan. «O Boteiro en Vilariño é un señor, un galán que é a súa época din que puido ser un cobrador de impostos. Ten autoridade, por iso vai marcando ao folión os tempos e o ritmo. Ao mesmo tempo é elegante porque saca a bailar ás señoritas e coquetea con elas».

Así mesmo, Macía non quixo perder oportunidade para destacar que Vilariño conta cun Museo Etnográfico na parte baixa da Casa do Concello, onde se recolle a memoria histórica do municipio. «Temos tal cantidade de memoria que non dá tempo a velo todo. Todos os que se acheguen poden apreciar os oficios tradicionais e miles de figuras e produtos típicos como o cabrito», destacaba a alcaldesa.

«Temos previsto celebrar o Entroido e estanse perfilando os protocolos»