viernes. 19.08.2022

Quiroga abre o prazo para participar no desfile de comparsas

As inscricións para participar no desfile poderán presentarase na Casa da Cultura ou no Rexistro do Concello de Quiroga antes do día 21 de febreiro presentando a documentación requirida
Quiroga abre o prazo para participar no desfile de comparsas

Quiroga abre o prazo para que as comparsas que desexen participar no desfile, así como os disfraces individuais, poidan anotarse. As comparsas deberán de estar integradas por alo menos dez membros, mentres que os disfraces individuais agruparán como máximo a tres persoas. O Entroido celebrarase en Quiroga o domingo 27 de febreiro.

Participar no desfile terá premio. Un xurado composto por un membro de cada comparsa participante, valorará especialmente a orixinalidade dos disfraces, a coreografía, a escenografía, a elaboración do vestiario e a elaboración da carroza.

Os premios mantéñense tamén na contía de anos anteriores, 600 euros para a comparsa gañadora, 300 para a segunda clasificada e 200 para a terceira. Aparte destes tres premiados, o resto das comparsas participantes recibirán 100€ e haberá un único premio de 60 € para o mellor disfrace individual.

As inscricións para participar no desfile poderán presentarase na Casa da Cultura ou no Rexistro do Concello de Quiroga antes do día 21 de febreiro presentando a documentación requirida —solicitude de inscrición, DNI do representante, certificado da conta bancaria e folla de firmas dos membros da comparsa ou disfrace—.

No desfile serán de obrigado cumprimento para todos os participantes as normas sanitarias polo covid ante a festividade do Entroido. Nestes momentos estas directrices marcan respectar a distancia de seguridade entre persoas e o emprego da máscara en todo momento. Ademais estará prohibido fumar no espazo público.

Pero este non será o único día de festa posto que se traballa en algo específico para os máis pequenos o luns día 28 e tamén para os maiores, que o martes de entroido poderán merendar nas instalacións do centro social orellas de carnaval e sangría.

A música dunha charanga animará o desfile que comezará na rúa Praia ás cinco da tarde e a festa ao seu remate diante da casa consistorial tras recorrer a rúa Real. Mentres se agarda polo fallo do xurado todos os asistentes estarán convidados a un chocolate.

Quiroga abre o prazo para participar no desfile de comparsas