viernes. 19.08.2022

Apoteósica despedida do Entroido en Vilariño de Conso coa Mascarada Ibérica

Os grupos participantes nesta sétima edición proceden de España: Ourense, A Coruña, Lugo, Pontevedra, Asturias, Castela e León, Castela A-Mancha, País Vasco; de Portugal: Bragança e Viseu; e de Italia: de Sardeña.

Este domingo, 20 de marzo, levouse a cabo o gran desfile da Mascarada Ibérica en Vilariño de Conso. Foron case 40 grupos os que encheron de alegría e cor as rúas do municipio, despois de que o pasado mes de xaneiro se cancelase a celebración. 

Normalmente a mascarada marca o inicio do Entroido pero nesta ocasión esta festa ancestral rematou con ela. A alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía estaba entusiasmada do que  estaba acontecendo e así o recoñecía: «Había moitas ganas, hai moito ambiente o doble de xente que noutras edicións e eu estou moi contenta. Moi satisfeita. Acompañáronnos todos os grupos e esto e difícilnunha pos pandemia. neste contesto de crise que estamos vivindo é moi difícil que se costeen por parte dos grupos. Agradecerlles a todos que quixesen vir»

Os grupos participantes nesta sétima edición proceden de España: Ourense, A Coruña, Lugo, Pontevedra, Asturias, Castela e León, Castela A-Mancha, País Vasco; de Portugal: Bragança e Viseu; e de Italia: de Sardeña. Todos eles coas características que os definen e a historia que levan detrás. Algúns dos grupos foron:

  •  Luzón Guadalaxara

O grupo, vido dende Guadalajara, dividíase entre os diaños e os “intocables”. As persoas que simbolizan ao diaño van recubertas dunha mestura entre feluxe e aceite, así como cun anaco de pataca na boca. Os integrantes de branco considéranse os intocables, son o complemento destas criaturas tan escuras.

Esta comparsa recuperou a tradición hai pouco máis de vinte anos, despois de que os maiores do pobo lles contasen as historias. Actualmente, o grupo percorre todas as partes de España para mostrar a súa tradición tan característica.

  • Folión de Vilariño

O folión de Vilariño conta, a parte da comparsa musical, coas máscaras que simbolizan cada un dos pobos que conforman o municipio. Melisa Macía, alcaldesa do concello, explicaba que esta edición foi un éxito e que houbo dobre de xente que outros anos. Ademais, cada un dos integrantes do folión gozan desta tradición ao máximo.   

  • Entroido de Abanto

Un grupo vido dende o País Vasco para mostrar os seus traxes e os seus bailes típicos do seu pobo. Todos os integrantes ían vestidos de mosorros, insecto en éuscaro, que representan todas as larvas que van facendo ruído e bailando para espertar e curar a zona.

  • As bonitas de Sande

As bonitas son as encargadas de poñer orde no desfile por se a xente se achega moito e contan cun oso moi “salvaxe” que se lanza ao público. O vestiario da comparsa é moi colorido e a careta está feita con arame.

Pola súa banda, o gorro está elaborado con plumas de ave e un armazón de madeira, mentres que as saias realizáronas con colchas antigas.

  • Folión de Mormentelos

O Folión de Mormentelos diferéncinse dos do resto do concello de Vilariño de Conso polo seu baile e a súa vestimenta. Ademais do "toque" singular do folión, os boteiros portan un pucho na cabeza engalanado con cintas de cores coma as que adornan a árbore de nadal e en vez de correr bailan sobre os seu eixo. Dan voltas cunha caxata de madeira que erguen cara ao ceo e cando un sae outro entra.

  • Follateiros de Lobios

Vidos desde unha terra de millo, os integrantes da comparsa Follateiros de Lobios van cubertos de follas de millo e adornan, cos seus grans e mazorcas, a máscara e outros elementos do traxe.

  • Felos e Madamas de Esgos

Este grupo vén da propia provincia. Os felos rouban os ovos, chourizos... e teñen como función meterse coa xente, mentres que as madamas acompáñanos para coller os ovos e o diñeiro que "rouban".

  • Folión de Buxán

O Folión de Buxán é un dos máis enxebres do oriente ourens; as mázcaras, o toque e o baile faino inconfundible. O folión data de antes do 1900 e as súas mázcaras son unhas das máis ancentrais e singulares de Galicia. No pucho, do que colgan unha multitude de cintas de cores  hai unha boneca que, segundo uconta un dos membros do folión, «é para espantar os malos espíritus». Tamén levan o oso preso cunha cadea que «mételle medo a nenos e mulleres». «O único oso que hai nesta zona oriental é o noso, é dicir o de Buxán, dende hai hai moitos anos e que nesta data volveu saír como fai ano tras ano. A súa función de sátira e ir no folión movéndose de acó para alá, acercándose a xente para facela rir coas súas peripecias que consisten en abrazar e acercarse con certa picardía», explica un dos integrantes deste folión respecto ao oso.

  • Galos da Mezquita

Era unha vestimenta para os homes solteiros. Cando ían ver ás mozas pedíanlle as pañoletas e os colares, cantos máis colares e pañoletas máis conquistador.

  • Madamas e galans de Carzoá, Cualedro

E o traxe de vestirse «bonito». As mulleres poñen as colchas sobre o corpo e na cabeza levan sombreiros de cartón e tela adornados con lazos.

  • Folión da Veiga

  • Os merdeiros de Vigo

Os merdeiros de Vigo veñen ao entroido para que a xente «coma merda e beba mexos». A súa máscara é de cor rosa e o seu traxe branco cun colete vermello. Na man levan verduras, coma cenoiras ou verzas xa que «non lle justan os labregos, son xente de mar». Cando chega o entroido os mariñeiros convértense en labregos ou escabicheiros para ridiculizar á xente do agro.

  • Sidros y Comedies de Asturias

 

  • Carrizo de la Ribera

 

  • Talanqueiras y visparros de San Martín de Castañeda, Zamora

  • Caretos de Portugal

  • Touro e xigante de Celavente

  • Os Xerais do Ulla

Apoteósica despedida do Entroido en Vilariño de Conso coa Mascarada Ibérica