
Na miña casa trouxo a receita a tía Mita. Viviu na Coruña desque casou e non había que fixera os doces coma ela. A receita das filloas —as de caldo e as de leite— tamén son da súa autoría. Hai xa uns anos que finou pero non hai entroido que eu e os meus fillos non nos acordemos de como tomaba a cociña para facernos os doces ricos desta època, pero tamén da de Semana Santa ou no Nadal.
A receita leva os seguintes ingredintes: 500 gramos de fariña, 1 copa de leite, 1culler do café de canela, 1 copa de anís, 3 ovos, 1copa de zume de limón e outra de zume de laranxa, 125 grs de azucre , 50 de mantequilla e 1 litro de aceite para freilas.
Déixase a mantequilla a temperatura ambiente para que teña textura de pomada. Faise coma se fora un volcán coa fariña e logo ábrese para poñer dentro os ovos —un ovo enteiro e a xema dos outros dous—,logo vértese a mantequilla, os zumes de laranxa e limón o anis o azucre e o leite e amásase cas mans até que se faga unha masa homoxénea.
Unha vez temos a masa, bátense as dúas claras a punto de neve e engádenselle á masa. Déíxase que repouse unha hora o cabo da cal se estira a masa cun rodelo, córtanse e fáiselle a forma de orella. Bótanse á sartén co aceite quente e así que vaian collendo unha cor dourada retíranse a un papel absorbente e espolveréaselle o azucre por riba.
Pósese acompañar cun viño de Oporto ou cunha copiña de angélica.