jueves. 28.03.2024
Eduardo Gómez Vidal, tertuliano en Onda Cero Valdeorras
Eduardo Gómez Vidal, tertuliano en Onda Cero Valdeorras

Eduardo Gómez Vidal, médico de urxencias non hospital do Barco, reflexiona desde a 6º planta do CHUO onde está ingresado por coronavirus.

Son días difíciles para todos pero, aínda máis, para os que nestes  intres están a pasar esta enfermidade descoñecida. Tanto que, nin tan sequera, están claros os síntomas, nin as secuelas. Se cadra é peor cando «o bicho» ataca a persoas que queres ou sentes próximas. E que  dicir, cando che da de cheo e aínda por riba es dous que lle planta cara e mira de fronte?

O confinamento na soidade dunha das habitación da 6º planta do CHUO —hospital de Ourense— onde están ingresados os positivos en coronaviros, o non poder durmir e a súa mente privilexiada que non para de bulir fai reflexionar a Eduardo Gómez Vidal, médico de urxencias no hospital do Barco.

Primeiro faio sobre a descoñecida enfermidade que, a base de observala no seu propio corpo, sabe que os síntomas non son iguais en todas as persoas. Ademais de tose e febre, tamén deixa tocado o pulmón, o corazón e até, a cabeza e o sistema nervoso. «Chámote por que non podo escribir whatsapp, o bicho deixoume sen sensibilidade nos dedos e moitos temblores nas mans», oio nada máis descolgar o teléfono.



A mente esperta e privilexiada de Eduardo, a súa capacidade de análise e os seus valores, froito dunha educación íntegra, baseada na lectura e o coñecemento, intensificáronse coa enfermidade. «Puiden pensar moito. De min, da miña vida, do que fixen, pero tamén sobre a sanidade». Para paliar o dano de non poder redactar, está a gravar todas as reflexións  e razoamentos que o asaltan hora tras hora —son moitas xa que, apenas pode durmir—.

A chegada da nova foi dura —el xa o presentía porque pese a non ter febre o seu corpo estaba «raro»— pero agora, asegura que é importante ter paciencia debido á dureza da doenza. «Só sábese cando pasas estes extremos. A maioría se cura, pero hai xente que o está pasando moi mal aquí», di entre asustado e esperanzado.

Eduardo coas súas compañeiras de tertulia política en Onda Cero, Sabina Aguado e Irene Dacal

Reflexiona sobre as «cousas da vida», política, sociedade, de como vai haber un antes e un despois ou sobre a súa propia profesión e a relación cas persoas maiores.

Estas son algunhas delas e o sentir na voz de Eduardo, para ouvilas fai click na seguinte ligazón:

Unha das mensaxes que non se cansa de repetir é a necesidade de «pelexar e non ter medo. Debemos loitar e estar na casa. Non é unha broma nin unha tontería». Como médico conta que aínda non se coñecen todos os efectos que o virus pode provocar nos pacientes, «aínda que agora xa se sabe moito. Pode danar outros órganos como o corazón, o ril... Non só afecta o pulmón». Fai anotacións diarias na gravadora do que lle vai pasando o seu corpo para logo sacar as conclusións. Está orgulloso do sistema sanitario público ó cal pertence.

«Non quero vivir nesta Europa»

Unha das súas reflexións dentro desa habitación do  CHUO céntrase no labor que están a levar a cabo os políticos. «Decepcióname a clase política», di Eduardo entre enfadado e desenganado e, unha vez resoa na súa voz, coma si vira saír un raio de sol entre as nubes da tormenta, continúa, «Agora hai que facer piña e xa falaremos de política cando se venza ao coronavirus». «Teñen que deixar as cartas boca abaixo, despois xa botarán reproches». Pensa que cada un quere gañar a batalla por a súa conta e iso non pode ser cada comunidade quere impoñer ás súas políticas. «Está mantendo máis cordura a poboación que a clase política», sinala que hai que exemplarizar ós «xóvenes, ós adolescentes e os nenos».

Tampouco está de

acordo coas decisións tomadas na Unión Europea. «Non quero esta Europa, non é

pola que eu pelexei. Quero unha Europa de persoas, de xente».

«Os nenos e os xóvenes son un exemplo para a

sociedade»

Do mesmo xeito que en política considera que houbo fallos, a sociedade «está a manter máis cordura».  Desde o pasado 14 de marzo o estado de alarma decretado polo Goberno central obrigou a nenos, novos, adultos e anciáns a quedar na casa, unha situación complicada para todos.



«Os nenos e xóvenes están a darnos un exemplo impresionante. Aos que se vía pola rúa era aos maiores, que ían comprar e aproveitaban». Considera que esta situación está a ser un momento traumático para todos, é momento de recuperarse aínda que sendo positivos. «Agora estamos a aprender a coñecer mellor a fillos e pais, a falar máis, vivir máis. En definitiva, aprendemos outro tipo de vida en positivo». Quere un novo xeito de vida sen presas e sen carreiras, sen correr tanto. «Íamos a unha velocidade de vertixe e non mirabamos polo retrovisor. Pensabamos que íamos comer ó mundo e viña el coméndonos por detrás».

«Ten que haber un antes e un despois nos modelos

sanitarios, xeriátricos e sociosanitario

«Ten que cambiar. Estas tres cousas non poden seguir como estaban até o de agora», así de categórico é Eduardo. Vinculado a sanidade pola súa profesión e os anciáns polo cargo que tiña o seu pai na primeira fundación de maiores que houbo na comarca. Pai e fillo mantiñan de cotío longas e enriquecedoras charlas sobre política, sociedade e como non, da actividade de cada un deles.

Desta crise débense sacar resultados que nos axuden a mellorar. E unha das claves, segundo asegura Eduardo, atópase na sanidade. «Debemos establecer un antes e un despois do coronavirus. O país debe expor un novo modelo sanitario para que isto non volva ocorrer ou para que se sucede, o operativo estea montado en poucos días e en todos os lugares por igual».



Este cambio pasaría por dous eixos principais, a atención sociosanitaria e a xeriátrica. E é que esta parte da poboación é sen dúbida a máis afectada e a que máis vítimas está a contabilizar. «Nos xeriátricos haberá que modificar espazos, con habitacións individuais, con espazos abertos,  contactos máis amplos e que as visitas se realicen de forma  secuencial»  xa que son, moitas veces, as causantes dos contaxios desta e outras moitas enfermidades. «Son a diana perfecta e os máis vulnerables».

«Hai que volver a facer un libro branco da sanidade e incorporar este libro os servizos sociosanitarios e os xeriátricos».

Sabina Aguado, Irene Dacal e Eduardo Gómez na tertulia política de Onda Cero
Sabina Aguado, Irene Dacal e Eduardo Gómez na tertulia política de Onda Cero

«Tería que facerse un  mausoleo para as vítimas»

Para Eduardo algo esencial tras o fin desta crise é a creación dun  mausoleo, e isto, cóntanolo con emoción. «A Organización Mundial da Saúde debería crear un  mausoleo onde se recolla toda esa xente que perdeu a vida nesta crise, para que non se esqueza a ninguén. Debaixo de cada caixa, haberá unha persoa e unha identidade, aínda que vivise debaixo dunha ponte». Un recordo para que isto non se volva a repetir.

«Que fixemos mal?»

Non hai que botarlle as culpas ó que está ó carón, conclúe Eduardo que este país ten que facer máis auto crítica e unha cura de humildade. Cada cal debe dedicarse o que sabe e todos os días antes de durmir invita a que cada quen se faga a seguinte pregunta. «Que fixemos mal?» .«Hai que tirar para adiante, vámolo a superar! Seremos máis fortes, seremos máis grandes, seremos mellores, falaremos moito máis; isto uniranos moito máis. Hai que aprender outro tipo de vida en positivo», recalca.

«A pandemia da

recuperación da palabra».

Eduardo Gómez: «Hai que aprender outro tipo de vida en positivo»