jueves. 28.03.2024

A Asociación Amigos do Camiño de Inverno por Valdeorras ha programado una serie de actividades desde hoy domingo día 27 de mayo, hasta finales de año, con el objetivo de promocionar esta ruta a Santiago. En Somos Comarca hemos hablado con su presidenta, Asun Arias, que nos ha contado la inmensa labora que realizan las asociaciones de amigos y además, ha detallado cada una de las propuestas.

Somos Comarca: ¿Cánta labor hai detrás dunha asociación?

Asun Arias: Moitísima. As asociacións facemos totalmente un traballo voluntario, ninguén cobra nada incluso ás veces hai que poñer do peto. Pero eso é o de menos, o importante é a satisfacción de ver como eu vin alí a esas persoas sordomudas, minusválidas, etc., cómo teñen un oco dentro desta sociedade tan exclusivista no sentido de que aparta e marxina moito aos que son diferentes. O Camiño a Santiago estase mantendo pola intensa labor que fan as Asociacións de Amigos, é unha labor continuada de todos os días, e totalmente desinteresada.

SC: ¿Cáles son as actividades programadas pola Asociación Amigos do Camiño de Inverno por Valdeorras?

AA: Este ano a primeira é o domingo día 27 de maio, trátase dunha excursión polas Médulas con visita ao mirador e galería de Orellán. Salida dende a Praza do Concello de A Rúa. O 3 de xuño faremos a Ruta do Pote con saída ás 9:00 horas da Praza do Concello da Rúa e xantar nunha bodega de Fontei. O 9 e 10 de xuño estaremos na Feira de Petín, porque hai que recaudar cartos.  O 1 de xullo temos unha andaina ao balneario de Mondón, en O Bolo, que sairá ás 9:00 horas da Praza do Concello da Rúa. En Mondón imprimiuse moeda durante moitísimos anos, hai unhas minas de cobre e prata que poucos coñecen.

Os días 9, 10 e 11 de agosto é a Bacofesta e estaremos na caseta do concello. O 27 de agosto temos a Ruta das Meigas que é unha andaina circular con saída da Praza do Concello. O 12 de outobro teremos a Ruta da Encomenda, e do 5 ao 14 de setembro será a peregrinación completa que se fai dende Ponferrada a Santiago. O 14 de setembro unha excursión a Santiago en autocar, misa do peregrino e xantar. E os días 27 e 28 de outubro, encontro coa Asociación a Pecsa facendo un tramo do Camiño e unha conferencia con aperitivo por parte do Concello da Rúa.

O día 30 recibiremos a unha delegación xaponesa cuxos membros serán recibidos no Concello da Rúa por parte do alcalde e por parte da nosa asociación. Nós ímoslles ofrecer cousas típicas da nosa comarca, e serán acompañados dende A Rúa ata Quiroga (Lugo) por membros da nosa asociación.

SC: ¿Cómo van os trámites da capela de San Andrés que se pretende convertir en oficiña de información ao peregrino?

AA: Neste momento fixemos unha xestión para asegurala e temos que ir a recuperar documentación. Un arquitecto foi a ver o estado da capela para saber cómo estaba e xa nos deu unha serie de consellos para a limpeza do chan. Viu que hai restos de pinturas co que teremos que poñernos en contacto con Patrimonio para ver si son o non salvables esas pinturas. Estudamos a estructura interna que ten e veise que é unha capela de creación prerrománica moi antigua, máis do que pensábamos. Ahora hai que buscar a documentación dos séculos correspondentes, confiemos en que apareza.

Entrevista de Asun Arias, presidenta de la Asociación Amigos do Camiño, a Suso Fernández Gómez, Presidente da Asociación Amigos do Camiño Portugués por Ames e Teo.

Asun Arias: A asociación de Suso, que está facendo unha labor moi grande, leva o albergue Milladoiro, ¿por qué este nome?

Suso Fernández: Somos un grupo de amigos y amigas que montaron unha asociación do Camiño portugués en Ames e Teo. Ames é un concello que está preto de Santiago, e ao lado de Ames está Teo que tamén linda con Santiago. Nós traballamos sempre sen ánimo de lucro, e tuvemos moitísimas axudas de xente totalmente desinteresada. Montouse este albergue porque é a penúltima parada que está no Camiño de Santiago e no Camiño portugués. De feito, de aquí a Santiago temos catro kilómetros. Respiramos xa case o apóstolo.

AA: O albergue non é un albergue como os demáis...

SF: Montouse para facer un proxecto social no Milladoiro, que era unha aldea fai vintecinco anos e hoxe é unha pequena urbe con 17.000 habitantes. Hai moita marginación, moita falta de traballo, e nós pensamos que podíamos colaborar dándolle paso a esta xente na maneira en que nós pudiéramos afrontalo. Entón montouse para atender ao peregrino en primerio lugar, e logo poñer en marcha un proxecto social que se está a crear e a asentar. Estamos moi contentos.

AA: Querémoslle expresar a Suso e aos seus amigos a nosa gratitude por acorllernos hai pouco tempo, cunha grande humanidade que é o que caracteriza a estos amigos do Camiño portugués. O albergue reúne moi boas condicións para o peregrino e para as persoas con dificultades físicas. ¿Segue aberto o albergue para calquer outro acontecemento?

SF: Por suposto. Para calquer acontecemento peregrino ou social o que queirades. É un proxecto social en colaboración coas parroquias, temos unidade pastoral aquí integrada por curas xóvenes os cales colaboran moito con nós. O albergue está aberto a todo o mundo, en especial ao peregrino porque foi creado para eso, pero temos uns locales sociales na parroquia que están á vosa enteira disposición.

AA: ¿Cántos anos levades con este proxecto?

SF: Moitos. Ca realización do proxecto e execución, ano e pico. Somos novatos aínda na peregrinaxe. Nos axudan moito e a experiencia dos peregrinos é moi grande. Hoxe case todo funciona polas redes sociais, temos peregrinos que veñen mandados uns por outros, o boca a boca. A financiación económica é a través do proxecto social, está moi vinculado ao peregrino. Nos autoabastecemos do peregrino. Se non temos ingresos tampouco temos gastos, e a nosa colaboración é sin ánimo de lucro. Ninguén vai alí con ánimo de gañar un peso. Agora temos cinco voluntarios que están colaborando con nós. Tentamos darlle traballo a persoas que están en riesgo de exclusión social.

Asun Arias: «O Camiño mantense gracias á labor das Asociacións de Amigos»