
Cuarta edición do proxecto «Flores no Camiño» onde o concello do Barco repartirá mil plantas aos veciños residentes nas rúas polas que pasa o Camiño de Inverno. Serán exemplares de surfinia, petunia, xeranio, conchita e verbena. Os interesados deben solicitar a súa participación até o día 26 de abril a través da Oficina de Turismo do Barco (R/Marcelino Suárez, 28, baixo); por correo electrónico no seguinte enderezo electrónico: infoturismo@concellodobarco.org; ou no teléfono 604 07 69 18.
O concello entregará as plantas o sábado 4 de maio, cun máximo de seis unidades por vivenda e ata completar existencias. O horario de entrega será de 11:00 a 13:00 horas na praza de Abastos de O Barco. Os solicitantes terán que se comprometerse a completar con flores propias o total das súas balconadas ou terrazas.