viernes. 30.05.2025

Máis dun millón de euros para o Camiño de Inverno este ano

A Asociación de Municipios deste itinerario a Santiago reuniuse co director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles. A partida orzamentaria irá destinada á «sinalización, mantemento e conservación deste tratado»
undefined
Máis dun millón de euros para o Camiño de Inverno este ano.

Representantes da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno a Santiago, da que forma parte o alcalde de Vilamartín de Valdeorras, Enrique Álvarez —como presidente— e o rexedor de Quiroga, José Luis Rivera, mantiveron un encontro co director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles. 

O obxectivo da reunión foi abordar novas vías de colaboración que contribúan a impulsar a promoción e divulgación deste itinerario a Compostela, con algo máis de 200 kilómetros e que cruza as catro provincias galegas. A pesar de que é un camiño aínda pouco coñecido, os historiadores destacan a súa importancia como vía de acceso a Galicia dende a época medieval

Ambas entidades —Xunta de Galicia e a mencionada Asociación de Municipios— buscan vías de colaboración para promocionar a ruta. Segundo o director de Turismo autonómico, Xosé Merelles, «a acción enmárcase no proxecto da Xunta recollido no Plan Director dos Camiños de Santiago 2023-2027 por traballar na diversificación dos distintos itinerarios xacobeos e contribuír a que a chegada de peregrinos estea repartida por todo o territorio galego». 

En total o Goberno autonómico ten previsto un investimento «superior ao millón de euros para sinalización, mantemento e conservación deste trazado este 2024».

Máis dun millón de euros para o Camiño de Inverno este ano