viernes. 30.05.2025

Eladio Santos e Asunción Arias intercambian impresións sobre o Camiño de Inverno

Eladio Santos, integrante da candidatura socialista na provincia de Ourense, reuniuse coa Presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Inverno en Valdeorras, Asunción Arias, tras facer un tramo do Camiño de Inverno,
somoscomarca_obarco_eladiosantos_camiñodeinverno
Eladio Santos e Asunción Arias intercambian impresións sobre o Camiño de Inverno

O Candidato número catro do PSdeG-PSOE  pola provincia de Ourense, Eladio Santos reuniuse, tras facer un tramo do Camiño de Inverno, coa Presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Inverno en Valdeorras, Asunción Arias.

A importancia do Camiño para Valdeorras foi o tema principal da conversa. O candidato de Valdeorras agradeceulle a Asunción «a labor de anos de loita para conseguir o recoñecemento do Camiño de Inverno como Camiño de Santiago».

Os problemas de sinalización, as melloras e mantemento do Camiño na comarca, a tardanza en sinalizar correctamente e as necesidades de melloras en aspectos claves como a seguridade , a divulgación e actividades de difusión entre os propios valdeorreses, foron outros temas tratados.

O candidato comprometeuse a impulsar o Camiño, tanto en melloras como  mantemento, sempre consultando e coordinadamente cos concellos que conforman o itinerario. E, sobre todo, «a posibilidade de impulsalo como un elemento turístico trasversal, que esté presente dun xeito ou outro en cada evento cultural, deportivo, enoturístico, gastroturístico». «Trátase dunha estratexia de impulso das actividades turísticas».

Eladio Santos e Asunción Arias intercambian impresións sobre o Camiño de Inverno