
¿Poderás completar o álbum dos xogadores do CD Barco?

As instalacións do Campiño de Viloira é o lugar escollido para a presentación do álbum de cromos do Centro de Deportes Barco, unha iniciativa que o club acordou coa empresa Cromogal.
O presidente do club, Nilo Ramos, será o encargado da presentación, que terá lugar esta tarde a partir de las 20.00 horas. O álbum contará con cromos en cor de cada xogador, tanto do primeiro equipo como os de todas as categorías do club. Ademais o caderno contará con un apartado dedicado a historia do club, con fotografías de antigos xogadores do CD Barco e incluso do primeiro equipo que formou a entidade.
"Nos llegaron los álbumes esta semana y estamos gratamente sorprendidos porque la verdad es que tienen una calidad impresionante", afirmou o presidente. No Campiño de Viloira concentraranse, ademais, todos os xogadores do CD Barco que firmarán os álbums de todo aquel que o requira.
Estes álbums repartiranse nos quioscos da vila, e nos seguintes establecementos: cantinas do campo de fútbol, Librería Laura (Viloira), Librería Delia, Bar La Plazita, Librería Dados, Churrería La General, Librería Yoli, Kiosko Toño, Café Makoki, Peluquería Caballeros Nilo, La Tiendita (Las monjas) y Gasolinera Veigamuiños. Estes locais serán os encargados de poñer á venta os cromos, cuxo prezo será de un euro por sobre. Ademais, todos aqueles que se acheguen a Viloira poderán facerse co seu álbum e serán, incluso, obsequiados con algún cromo, así o asegurou o presidente. "Es algo que quedará para la historia. A lo mejor nunca más se va a hacer o a lo mejor sí, no so sabemos", sinalaba Nilo Ramos.
A empresa Cromogal preparou un álbum personalizado para os cativos do club, que terán a súa propia foto como portada. O presidente advertiu de que hai algún cromo con algún erro nos nomes dos xogadores, pero que se irán corrixindo progresivamente.
O vindeiro domingo xa se espera ver cromos e álbums rodando por Calabagueiros, na gran cita que o CD Barco ten coa SD Compostela. Agora toca cambiar e intercambiar ata completar o álbum enteiro.