domingo. 26.06.2022

Petín e 1812 protagonistas dos «Paseos con historia»

A Oficina de Turismo da Rúa programou esta fin de semana a «andaina cultural» por Petín, para contar a historia da Guerra da Independencia na comarca
somoscomarca_petin_camiñadacultural_aponte_2022 (2)
Petín e 1812 protagonistas dos «Paseos con historia»

Unhas vintecinco persoas acompañaron a Luís Carrón Barbosa no «Paseo pola historia» que este domingo protagonizou Petín e a Guerra da Independencia na comarca. Esta actividade organizada pola Oficina de Turismo da Rúa aproveitou a conmemoración que se fai na vila petinesa da Constitución de 1812 coa feira que leva o seu nome.

Destacouse o valor e coraxe das mulleres petinesas  para frear o avance das tropas napoleónicas e o papel importante que tiveron para botalos da súa terra.  

A Ponte da Cigarrosa foi o punto de saída da camiñada cultural que percorreu as rúas ancestrais, cargadas de historia, e o casco vello petinés para rematar cunha cata de viños de Adega da Pinguela e unhas empanadas da panadería do Querol de Petín.

somoscomarca_petin_camiñadacultural_aponte_2022 (1)
Luís Carrón nun momento da charla nas inmediacións da Ponte da Cigarrosa

Petín e 1812 protagonistas dos «Paseos con historia»