Moitas ganas de troula no desfile de Entroido de Vilamartín de Valdeorras

Entroido en Vilamartín
Entroido en Vilamartín
Entroido en Vilamartín
Entroido en Vilamartín
Entroido en Vilamartín
Entroido en Vilamartín
Entroido en Vilamartín
Entroido en Vilamartín
Entroido en Vilamartín
Entroido en Vilamartín
Entroido en Vilamartín
Entroido en Vilamartín
Entroido en Vilamartín
Entroido en Vilamartín
Entroido en Vilamartín
Entroido en Vilamartín
Entroido en Vilamartín
Entroido en Vilamartín
Entroido en Vilamartín
Entroido en Vilamartín
Este sábado, 26 de febreiro, os veciños de Vilamartín de Valdeorras desfilaban polas rúas da vila a ritmo de bombos de folión. A festa estivo amenizada pola discoteca móbil, Dan Zalia

Este sábado, 26 de febreiro, os veciños de Vilamartín de Valdeorras desfilaban polas rúas da vila a ritmo de bombos de folión. Traxes de cores asolagaban o camiño que leva os entroidos dende a zona da Rodeleira, da que partiron ás 17.00 horas, ata a praza Xose Luís Núñez, onde unha discoteca móbil esperaba a que empezase a troula.

Despois de case dous anos sen poder desfilar, foron moitas as persoas que se achegaron ata o municipio para gozar da festa. Un desfile cargado de premios para os grupos participantes, entre os que se atopaban "Cociñeiros do restaurante", "Os zamarreiros de San Vicente", "Charanga Os estrella",  "Ampa emojis de Vilamartín" ou "Deusas gregas".

O traxecto ata a praza principal do concello estivo amenizada polo Folión Os Viticultores e o Folión Arrieiros de Petín. Ademáis, ao  finalizar o desfile, os veciños puideron gozar dá festa amenizada pola discoteca móbil, Dan Zalia.

Como non podía ser doutra maneira, o Entroido estivo marcado polas normas sanitarias vixentes ata o momento. Non se serviron nin bebidas nin comida, e foi obrigatorio manter a distancia de seguridade entre os grupos, así como o uso da máscara.