sábado. 20.04.2024
Vilamartín celebra o seu desfile de Entroido cargado de premios

Vilamartín recupera o seu Entroido este 2022. Farao adaptándose ás medidas sanitarias vixentes, pero sen perder o seu tradicional desfile. Será o sábado 26 de febreiro, cando o desfile encha de alegría as rúas do concello.

A saída será sobre ás 17:00 horas desde a Rodeleira ata a praza de Xose Luís Núñez. Todos os grupos que se inscriban terán un premio, que estará establecido polo número de persoas que o conformen.

Para os grupos de 10 a 20 participantes, o premio é de 100 euros, mentres que para os de 20 a 30 participantes é de 200 euros. Os grupos de máis de 30 persoas será de 300.

As persoas que desexen participar no desfile de Entroido deberán inscribirse presencialmente no Concello de Vilamartín ou a través da súa sede electrónica. O prazo finaliza o 24 de febreiro.

O Entroido estará marcado polas normas sanitarias vixentes ata o momento. Durante o desfile non se servirán nin bebidas nin comida, deberase manter a distancia de seguridade entre os grupos e é obrigatorio o uso da máscara, aínda que sexa un desfile en exterior.

Vilamartín celebrará o seu desfile de Entroido cargado de premios