Aldealista é un proxecto innovador no mundo rural que busca revitalizar as aldeas mediante a oferta dun valor engadido para turistas e urbanitas, adaptándose a novas formas de interacción. «É un ecosistema dixitalizador do medio rural que loita contra a despoboamento, integrando os concellos con menos de 5000 habitantes», explica Juan Carlos Pérez Ceo e fundador da startup a o comezo desde ano.
Fundada coa filosofía de contribuír a un ben colectivo maior, non se limita a ser só un proxecto empresarial, senón a achegar afrontando o reto demográfico. Pérez destaca a importancia de abstraerse do habitual para innovar, rompendo inercias e adoptando novos puntos de vista. «Todo está a un clic, todo está cambiando de una forma vertixinosa pero facémolo moi sinxelo porque na aplicación non se busca polo pobo ou o comercio é a aplicación, neste caso é o pobo o que te encontra a ti», fai fincapé.
«Somos una realizade aínda que somos unha empresa nova, pero que estamos dado pasos con moito recoñecemento», explica. Así no pasado xullo foi seleccionada como candidata para optar ao European Technology Awards, en la categoría de APP.
Este mes sen ir máis lonxe optan a un premio nacional no que compiten coas 10 mellores compañías de España de desenvolvemento rural en toda España e, «iso gústanos, motívanos», destaca Juan Carlos.
Facer visibles os pobos invisibles
Aldealista non só é unha aplicación, senón unha iniciativa que busca xerar vida nas comunidades rurais. «Poñemos en valor os municipios e que a xente poda ver onde ir, onde comer, onde mercar ou onde durmir, nunha plataforma como é Aldealista e ter visibilidade a nivel mundial».
Está presente en 51 países de Europa e América. «Hai una solución tecnolóxica que , está tendo un punto de mira internacional», subliña Pérez. «É moi gratificante que tanto en Galiza, como en Europa, como no mundo as aldeas tamén se vexa que podemos facemos as ser tecnolóxicas e poñer iniciativas como Aldealista que están agora mesmo cun recorrido importante».
Os pobos non poden desaparecer
Foi o encargo que lle fixo a súa avoa antes de falecer. «Neno, tes que facer algo por estes pobos, déixate de dar voltas polo mundo». E así o fixo, na aldea que naceu todo, O Castiñeiro, non vivía ninguén e agora son xa 7 veciños. «É moi gratificante que un una empresa que naceo aquí en Castiñeiro, nunha aldea que estaba pechada , hoxe somos sete», recalcou.
Juan Carlos destaca a importancia de contribuír ao ben colectivo e avogar por desafiar as convencións para fomentar o crecemento. «Estamos facendo webs moi dinámicas e tamén contido na aplicación que continuamente vaise enriquecendo. O que facemos é que en vez de algo estático, ca ferramenta que temos rural se poda subir a ultima actualización de contido fotográfico de ese municipio ou dese comercio local que para nos tamén é moi importante».
Impulsar o comercio local do territorio é outra das prioridades para que as aldeas non morran: «Temos una materia prima fantástica que hai que facela visible e aí é onde intentamos sempre darlle ese impacto positivo en distintos mercados».
O fundador de Aldealista, salienta a necesidade de romper coas prácticas habituáis e adoptar perspectivas frescas para impulsar o desenvolvemento da aplicación e consolidar o seu impacto nas comunidades rurais.
Castiñeiro a aldea da billarda
Cada ano en agosto, e xa van tres, Castiñeiro reune a máis de 200 persoas en torno ao seu campionato de billarda, un xogo centenario que conta cun museo na aldea. «Castiñeiro é ademais a aldea da billarda. Temos un museo internacional todo dixitalizado», resalta Juan Carlos na conversa mantida en Radio Valdeorras Onda Cero.
O museo foi inaugurado o pasado agosto coincidindo coa terceira edición do Open Billarda Castiñeiro. O proxecto ademais obtivo un dos galardóns outorgados en marzo no Pazo da Cultura de Pontevedra