viernes. 10.10.2025

Controlado un incendio nunha vivenda habitada en Mouruás, San Xoán de Río

A rápida intervención dos equipos de emerxencia foi clave para evitar danos maiores. Ata o lugar desprazáronse efectivos do GES de Castro Caldelas, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de San Xoán de Río e os servizos de emerxencias do 112, que contaron tamén coa colaboración de varios veciños e veciñas
somoscomarca_20251009_sanxoanderio_moururás_incendio1707
Imagen cedida

Un incendio declarado arredor das 13:00 horas deste xoves afectou a unha vivenda habitada situada no lugar da Aira de Moura, na parroquia de Mouruás, no concello de San Xoán de Río. O lume orixinouse na cheminea e chegou a propagarse ata o tellado do inmoble.

somoscomarca_20251009_sanxoanderio_moururás_incendio1706
Imagen cedida

A rápida intervención dos equipos de emerxencia foi clave para evitar danos maiores. Ata o lugar desprazáronse efectivos do GES de Castro Caldelas, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de San Xoán de Río e os servizos de emerxencias do 112, que contaron tamén coa colaboración de varios veciños e veciñas que axudaron nas tarefas de control do lume.

Afortunadamente, non hai que lamentar danos persoais. O Concello de San Xoán de Río quixo agradecer publicamente o traballo exemplar de todos os equipos de emerxencia e a solidariedade da veciñanza.

somoscomarca_20251009_sanxoanderio_moururás_incendio1705
Imagen cecida

Controlado un incendio nunha vivenda habitada en Mouruás, San Xoán de Río