viernes. 11.07.2025

Quiroga crea unha ruta para apreciar os murais cos que conta o concello

A ruta parte da Oficina de Turismo e remata no Auditorio Municipal, onde se atopa o Museo Etnográfico de Quiroga
somoscomarca_quiroga_murales_2021_09_18 (6)
Quiroga crea unha ruta para apreciar os murais cos que conta o concello

Quiroga recolle co nome “Arte no Ar” unha ruta para apreciar os murais cos que conta a vila e un folleto no que se pode ver un mapa, onde están sinalizados os murais, os museos e os lapis da cultura, ilustrado con fotografías destas manifestacións artísticas e cunha pequena sinopse de cada unha delas.

A ruta parte dende a Oficina de Turismo, no mesmo edificio no que atopamos os primeiros Lapis da Cultura. Estes lapis pretenden poñer en valor a cultura literaria quiroguesa cos nomes de importantes escritores vinculados ao municipio.

A seguinte parada sitúase no entronque da rúa Real coa rúa San Martiño de Abaixo, no mural de Joseba  Muruzábal. No cruce da rúa Lago atopase o mural de máis recente creación “A peregrina do Camiño de Inverno”.

A ruta levara ata a praza Maior onde nun lateral dun edificio da rúa  Calvo Sotelo atopase o mural “Alvariza”, continua polo Museo Xeolóxico antes de dirixirse ao seguinte mural, “Xove na beira da auga”.Na praza España pode contemplarse á escritora galega “Rosalía de Castro” e, en dirección ao centro de saúde, atopase outro dos murais, enmarcado co título de "Bésame en esta esquina”.

Nunha fachada do Pavillón Municipal Abi Castillo baixo o título de “Sororidade” representase a solidaridade entre as mulleres nun contexto de discriminación sexual e violencia patriarcal. Tras pasar polas inmediacións do Centro de Educación Infantil e Primaria, onde se pode ver o muro da praza do Albergue Municipal cunha composición xeométrica de vistosas cores “Escala cromática”.

“A lavandeira do Sil” pintouse para promocionar a Ribeira Sacra. Neste mesmo edificio tamén atopamos outra das series dos lapis da cultura. E finalmente no Auditorio Municipal está o “Neno coa oliva”. A ruta remata neste mesmo edificio onde se atopa o Museo Etnográfico de Quiroga.

Quiroga crea unha ruta para apreciar os murais cos que conta o concello