domingo. 27.07.2025

Sons, tradicións e moita festa: así celebrou Petín a Santiago e Santa Ana

somoscomarca_20250726_petin_fiestasantiago (1)

O concello de Petín viviu con grande entusiasmo as festas patronais na honra a Santiago Apóstolo e Santa Ana durante os días 24, 25 e 26 de xullo. Unha programación variada e chea de música, tradición e participación veciñal encheu de vida as rúas da vila.

O xoves 24 de xullo deu comezo o festexo coa actuación do grupo América, que conseguiu animar os primeiros compases da celebración, preparando o ambiente para os días grandes que estaban por vir.

somoscomarca_20250726_petin_fiestasantiago (2)

O venres 25, Día de Santiago, foi o momento central do culto relixioso. Numerosos devotos achegáronse á procesión e á misa na honra do patrón, acompañados pola música festiva da charanga CLK, que percorreu as rúas de Petín. Pola noite, a orquestra Miramar fixo bailar e gozar a todos os asistentes cun repertorio cheo de enerxía e bo ambiente.

O sábado 26 foi a quenda de Santa Ana, que procesionou polo Casco Vello de Petín xunto á charanga Achicoria, enchendo as rúas de música e emoción. Para poñer o broche de ouro ás festas, a orquestra Cuarta Calle foi a encargada de pechar os festexos cunha actuación moi animada que congregou a unha gran multitude na praza, creando unha atmosfera de auténtica festa.

 

As festas de Petín deixan un ano máis un balance moi positivo, cunha alta participación e un ambiente festivo que reafirma a importancia destas datas no calendario local.

Sons, tradicións e moita festa: así celebrou Petín a Santiago e Santa Ana