

Hai moitas novidades para este curso no Ramón Otero Pedrayo de Viloira, una delas é a denominada «21 días co Galego — un programa impulsado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística cuxa finalidade é promover o uso do galego oral entre a xente nova—.
«Somos só dez colexios en toda Galicia, escolléronnos a nos de entre todos. De Ourense somos dous», indica a directora. «Temos que falar en galego durante 21 días, os nenos, mestres…», subliña. Comeza o 17 de xaneiro no cole farán una inauguración coa que se dará comezo a eses «21 días co Galego» e 0 7 de febreiro clausurárase cunha festa.
En febreiro, os colexios que participan na iniciativa xuntaranse en Santiago e cada un deles realizará unha actuación. «Pareceunos interesante. E cando nos chamaron e nos dixeron ‘vos sodes un colexio activo, vos apuntádevos...’. E que nos coñecen como funcionamos como centro». Asegura que un traballo moi interesante pero duro.

Preténdese implicar por completo aos nenos e nenas, durante un tempo determinado —21 dias—, na procura de que o galego sexa a súa lingua normal de uso en todos os ámbitos, e no feito de levar a aula á rúa e a rúa á aula, fuxindo do estudo máis académico da lingua.
Os proxectos de anos anteriores como o de ‘Mobilidade sostible e segura’ estarán destro das actividades do presente curso, «proxectos de vida activa e deportiva». ‘Nutriescola’ , «con froita e lácteos. Trátase que dende os colexios vaiamos involucrando ós nenos en hábitos alimenticios saudables».

Vexo, veo, Xacoveo é outra das actividades que repetirán e cuxo fin e descubrir o patrimonio do Camiño de Santiago —o Camiño de Inverno principalmente— coa intención de difundilo e coñecelo. Tamén se apuntaron a «non beber», co alumnado de 6º, «pero non se refire só a bebidas alcohólicas senón que temos que r aos nenos que as bebidas enerxéticas que pensamos que son saudables non o son, por iso temos que traballar con iso», matiza a directora.

Haberá moitas máis actividades e celebracións como a de Samaín, magosto, actuación de Nadal, Entroido e, por suposto, unha gran excursión de fin de curso aínda que o destino desta é, polo de agora un segredo.
A Educación Física, un xogo de nenos
Na clase de Educación Física do colexio de Viloira, ademais de practicar deporte, xógase. Cando chegamos ao pavillón os alumnos de primeiro estaban facendo unha actividade que se chama ‘Os aros musicais’ que consiste en facer unha actividade concreta mentres soa a música e así que remata teñen que meterse dentro dos aros. O que queda sen atopar aro vaise ao do centro.

«Estamos nunha clase de Educación Física e estamos un pouquiño, co quecemento. Antes xogamos a unha pilla, os brujitos, na que cunha variña máxica conxelaban aos que ían pillando» explica Gemma Delgado, profesora desta materia.
As pegadas que nos levan á biblioteca
Desde a entrada ou recibidor do colexio Otero Pedrayo de Viloira hai unhas pegadas con mensaxe que nos levan a percorrer case que todo o centro, incluso a pasar polo patio, ate chegar á biblioteca. Neste espazo de lectura, xogo e lecer atopamos a Silvia Cruz, unha das profes que se encarga da biblioteca e que estaba facendo máis pegadas para completar o camiño de volta.
«Onte celebramos o Día da Biblioteca Escolar, e queremos promocionar que os rapaces sigan o camiño que veña para a biblioteca. Porque a biblioteca non so é un lugar para ler para poder xogar e imaxinar», sinala Silvia.
A biblioteca segundo conta a encargada van buscar libros e tamén a practicar con xogos a lóxica, razoamento ou construción. «É unha biblioteca tamén creativa, onde os rapaces traballan os distintos aspectos que levamos a cabo no colexio», aclara Silvia.