
A Comisión Executiva do Eixo Atlántico reclama máis relevancia dos concellos

O alcalde do Barco, Alfredo García, participou nunha Comisión Executiva extraordinaria do Eixo Atlántico celebrada na localidade portuguesa de Viana do Castelo. Na mesma participaron por primeira vez os presidentes das Comisións Políticas creadas en virtude das conclusións da Conferencia de Alcaldes de Pontevedra, así como os expertos de cada comisión.
Durante a reunión debateuse sobre os plans de recuperación e resilencia que se deben crear e aplicar na etapa post pandémica tanto no país luso como en España.
En dito evento tamén valorouse os papeis das administracións locais durante toda a pandemia da Covid-19, en tódolos ámbitos, e a súa relevancia a hora de xestionar os fondos a hora de tratar de volver a unha normalidade parecida ao mes de marzo do 2020.
Durante as 3 horas de xuntanza, os presentes evidenciaron un déficit común en ambos países a hora da participación activa dos gobernos municipais. Tamén os programas falados na Conferencia de Alcaldes do Eixo Atlántico do 2020 creeu como prioridades.
A preocupación maioritaria sobre a eficiencia, o resultado dos fondos e a burocracia foron outros dos temas tratados. Xa que non responde maioritariamente a iniciativas innovadoras que desde o ámbito das cidades e os cidadáns contribúan á recuperación da economía. Igualmente existe o risco de que os fondos se atribúan a obxectivos que non se corresponden coa crise e mesmo empresas que estaban en crises antes da pandemia.
Nesta reunión o Alcalde do Barco, Alfredo García, interveu para manifestar que no reparto de fondos non se pode esquecer ao interior de Galicia nin o abandono do territorio, para poñer en valor o potencial das comarcas e así fixar población.