martes. 19.08.2025

O Barco habilita puntos de subministro de auga potable para a veciñanza da comarca

Os puntos de subministro estarán dispoñibles no Parque Empresarial da Raña e na Praza de Viloira
somoscomarca_20250818_obarco_puntosagua_incnedios1190
O Barco habilita puntos de subministro de auga potable para a veciñanza da comarca

Os incendios que arrasan Valdeorras desde hai días deixaron sen auga potable a varios concellos da comarca. Ante esta situación, O Barco de Valdeorras convértese nun punto de apoio esencial ao garantir que a auga do seu servizo domiciliario mantén todas as garantías sanitarias necesarias para o consumo.

somoscomarca_20250818_obarco_puntosagua_incnedios1189

Por este motivo, o Consorcio de Auga de Valdeorras e o Concello do Barco acordaron habilitar dous puntos de subministro que estarán a disposición non só da veciñanza do municipio, senón tamén dos habitantes dos concellos limítrofes que precisen abastecerse.Los dos puntos de subministro:

  • Parque Empresarial da Raña
  • Praza de Viloira

Deste xeito, O Barco de Valdeorras busca dar resposta ás necesidades máis urxentes derivadas da emerxencia provocada polos lumes, garantindo que a poboación da comarca poida acceder a auga potable con todas as garantías sanitarias.
 

O Barco habilita puntos de subministro de auga potable para a veciñanza da comarca