viernes. 29.03.2024

Unha semana máis o historiador Antonio Castro Voces achegou a historia de Valdeorras a Somos Comarca. Nesta ocasión falou do paso das tropas francesas por diferentes pobos da comarca e aproveitou para reivindicar a creación dunha celebración anual “que ven podería ser en Petín ou en Sobradelo” para explicar “con fines didácticos, a presenza dos franceses e o que supuxo para estas terras”.

O paso dos franceses por Valdeorras poderíase resumir, según Castro Voces, en dúas fases ben diferenciadas: “Unha primeira no mes de xaneiro de 1809, na que viñeron de terras de León e saliron por Trives cara Ourense, e unha segunda fase que comenza o 9 de xuño de ese mismo ano, na que viñeron dende A Coruña e Lugo en retirada buscando as terras de Zamora”. Nesta última fase, entran en Valdeorras por Montefurado, Quiroga, e “acampan nos coutos de Larouco onde comenten mil e unha fechorías, contabilizándose ata 18 mortos entre Larouco e Seadur”. Tratábase do “máis grueso do exército francés que finalmente se instala no campo de San Roque na Rúa Vella. “Dende ahí facían excursións e correrías a diversos pobos da comarca, Córgomo, Portela, Vilamartín, onde roubaban todo canto pillaban, cometendo ataques ás persoas”.

Da estancia na Rúa Vella destaca Castro Voces a lenda da Casa dos Mancebos, no pobo de Outeiro, Petín, que conta que os franceses chegados a esta casa, toman ao criado por tonto porque, o non poder facerlles frente por ser moitos, “invítaos a pasar á adega deixando a súa disposición as cubas de viño e o que tiña de comer”. Desta forma, “consigue que se emborrachen e aproveita para avisar aos veciños do pobo para que acudan e os maten a todos”. Según cuenta a lenda, “como represalia, os franceses endurecen as súas posicións nos pobos máis próximos. Concretamente, no pobo de Petín, plantan lume a un montón de casas; é onde surxe a famosa expresión ‘Petín pitou pero non pasou’, porque mulleres e homes abalanzábanse sobre os franceses sen conseguir dobregalos".

O Santuario das Hermidas en O Bolo tamén foi testigo do paso dos franceses. Para poder chegar a Zamora, percorren o camiño que leva ata este santuario e “convirten a igrexa en cuadra dos seus cabalos quedándose alí unha semana roubando todo o que lles parece que tiña valor”. Antes de partir, amenazan con destruir o santuario se non aparecen 2.000 reais que lle reclamaban ao sacristán. Finalmente o santuario se respeta e o 24 de xuño de 1809 temos a última constancia da presenza francesa en terras bolesas. Ao seu paso quédanos un hospital militar instalado en Correxais para “facer as curas de primeiros auxilios aos feridos, que utilizou as instalacións do Convento dos Trinitarios Descalzos”.

Castro Voces: “Valdeorras debía celebrar cunha festa a presenza histórica dos franceses...