
O historiador Isidro García Tato achega unha análise detallada sobre a historia do Pazo de Arnado, unha edificación con raíces profundas na alta Idade Media. «Máis ben que castelo chamaríalle pazo», aclara o experto, subliñando que a estrutura foi erixida en terreos que pertenceran ao Mosteiro Beneditino Berciano de San Pedro de Montes, en lugar de en terreos ligados á Orde de Santiago, como ás veces se cre.
O Pazo de Arnado, que se comezou a construír entre finais do século XIX e principios do XX e nunca se rematou. Ademais, non tivo unha función xurisdicional propia, a diferenza doutros enclaves como o coto da Casa Grande. Entre 1478 e 1834, o seu destino estivo ligado ao señorío dos Condes de Ribadavia. Con esta primeira explicación García pídelle aos aficionados da historia «que se informen ben».
«A desamortización decimonónica foron rematados en poxa o 6 de xaneiro de 1943 e adxudicados a Francisco Álvarez, marqués de Vilagarcía o 17 de xaneiro por 100.000 reiais», relata. Posteriormente, cando falecía o marqués recaía na viúva María da Concepción Castro de Mendoza e Carmen Soutomaior.
Estas últimas venderon o pazo a Pedro Sanxurxo Pérez, noveno conde consorte de Torre Peneda, quen casara en 1853 con Clotilde Flórez de Losada Quiroga, filla do senador del Reino Ildefonso Flórez de Losada —dono do arrabar do Castro—.
A adquisición foi decisiva para Pedro Sanxurxo Flórez, fillo deste matrimonio, foi quen mandou construír o pazo en Arnado como mostra de amor pola súa muller, Pilar Argudín Bolívar, «quen nunca chegou a ser condesa». A propiedade, tras pasar por distintas mans dentro da familia, ficou sen herdeiros directos tras a morte de Pedro e Pilar, interrompendo así a continuidade dun legado familiar que persiste ata hoxe.
Este relato expón non só a relevancia histórica e arquitectónica do pazo, senón tamén a complexidade das transmisións patrimoniais e a evolución das grandes propiedades nobiliarias en Valdeorras. A pesar dos cambios de propietarios e a falta de sucesión, o Pazo de Arnado segue a ser un dos elementos máis emblemáticos do patrimonio cultural da comarca, símbolo dun pasado cheo de historias e tradicións.
Si desexa escoitar a entrevista completa do historiador Isidro García Tato pode facelo aquí: