domingo. 08.06.2025

A Asociación de Clubs Galegos de Fútbol visita Valdeorras

portada

A Asociación de Clubs Galegos de Fútbol (ACGF) visitará por primeira vez Valdeorras para celebrar unha reunión que terá lugar o vindeiro 17 de xuño ás 11:30 horas no terceiro andar do edificio Multiusos do Concello de O Barco.

Daniel Ramos, presidentes do Centro de Deportes Barco é un dos seis vocais que representan aos clubs galegos nesta asociación, que é a máis antiga a nivel nacional. “Como estas reuniones se hacen siempre en Santiago o en A Coruña, pues les invitamos a que esta vez se haga aquí y así visiten O Barco de Valdeorras”, sinalou Ramos.

Nesta reunión trataranse varios temas entre os que destacan a preparación da próxima Gala, que terá lugar o vindeiro día 26 de xuño en Santiago de Compostela. Os participantes na xuntanza analizarán tamén o resultado das eleccións da Federación Española de Fútbol que se celebraron no pasado mes de abril.

Na reunión, ademais dos representantes da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol e o Delegado para Galicia de Proliga, estarán presentes os presidentes dos clubs: Alondras, Choco, Cerceda e Centro de Deportes Barco. Nesta cita abordarase tamén o problema de índole económica que os equipos de Terceira División están a ter coas subvencións que outorga a Federación Española de Fútbol. “Trataremos de reclamar el dinero que nos corresponde”, explica Daniel Ramos.

A Asociación de Clubs Galegos de Fútbol visita Valdeorras