viernes. 19.04.2024
As axudas á rehabilitación de vivenda no Camiño de Santiago poden solicitarse desde mañá

A Xunta abre a partir de mañá o prazo para solicitar axudas á rehabilitación de vivendas nos concellos que se localizan na Área de Rehabilitación Integral (ARI) dos Camiños de Santiago, que poderán optar a unha subvención de ata 25.000 euros por inmoble.

Este programa de incentivos beneficia directamente aos veciños dos 126 concellos que integran nunha das nove rutas desta área supramunicipal e está dotado dun orzamento de 725.722 euros.

As actuacións subvencionables son as obras de mantemento a fin de adecuar os edificios á normativa vixente, aquelas coas que se mellore a eficiencia enerxética das vivendas, así como as que adapten as condicións de accesibilidade.

A convocatoria de 2021 foi a que tivo un maior número de familias beneficiarias, un total de 135.

As axudas á rehabilitación de vivenda no Camiño de Santiago poden solicitarse desde mañá